Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Sistemas Auxiliares do Buque
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación, a nivel operacional.
A5 Manter os sistemas de maquinaria naval, incluídos os sistemas de control, a nivel operacional.
A7 Operar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes, a nivel operacional.
A8 Operar os sistemas de bombeo e de control correspondentes, a nivel operacional.
A11 Realizar unha garda de máquina segura, a nivel operacional.
A12 Utilizar as ferramentas apropiadas para as operacións de fabricación e reparación que soen efectuarse a bordo do buque, a nivel operacional.
A13 Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida para o desmantelado, mantemento, reparación e montaxe das instalacións e o equipo de abordo, a nivel operacional.
A15 Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas, a nivel operacional.
A17 Comprender as ordes e facerse entender en relación coas tarefas de a bordo.
A22 Dispensar primeiros auxilios en caso de accidente ou enfermidade a bordo.
A31 Observar prácticas de seguridade no traballo.
A36 Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño.
A43 Manexar correctamente a información provinte da instrumentación e sintonizar controladores.
A44 Realizar operacións de optimización enerxética das instalacións de a bordo utilizando convenientemente os equipos de medida, a nivel operacional.
A47 Optimizar as características mecánicas nas instalacións de abordo, utilizando convenientemente os equipos de medida, a nivel operacional, co fin de obter larga vida nas máquinas e suaves funcionamentos.
A48 Regular e controlar sistemas e procesos, a nivel operativo.
A49 Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
A51 Redacción e interpretación de documentación técnica.
A55 Operar, reparar, substituír e optimizar a nivel operacional as instalacións auxiliares do buque, tales coma instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc.
A57 Coñecer o balance enerxético xeral, que inclúe o balance termo-eléctrico do buque, o sistema de mantemento da carga, así coma a xestión eficiente da enerxía respectando o medio ambiente.
A58 Diagnose e supervisión de tódolos equipos que compoñen a planta propulsora dun buque utilizando as ferramentas adecuadas.
A60 Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B5 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B6 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B9 Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos en outras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
B10 Versatilidade.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B12 Uso das novas tecnoloxías TIC, e de Internet como medio de comunicación e como fonte de información.
B13 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B15 Capacidade para acadar e aplicar coñecementos.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes