Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Automatización Mediante Plcs
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais, dunha banda expoñense os conceptos básicos da materia e pola outra explícanse as prácticas que deben realizarse no laboratorio.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio son a dinámica prinicipal de aprendizaxe nesta materia.

O alumno debe levar os enunciados das prácticas ao laboratorio, ter claro en que consiste a práctica é executala, para o que conta coa asistencia do profesor na resolución das súas dúbidas.

Unha vez finalizada a práctica debe mostrar o seu funcionamento ao profesor, comentala e demostrar que adquiríu os conceptos correspondentes.

As prácticas son controladas individualmente de xeito que ao finalizar as mesmas queda un rexistro da execución das mesmas.
Proba obxectiva A proba obxectiva é polo xeral unha única proba final, na que se fan cuestións breves, de asociación, de resposta múltiple, etc.
A temática comprende tanto o exposto nas sesións maxistrais como o aprendido nas prácticas de Laboratorio.

Aínda que se reserva un total de 3,5 horas para a realización desta proba, normalmente cunha hora é suficiente para a súa realización.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes