Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Máquinas Navais
 Asignaturas
  Instrumentación Industrial
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Hai dous tipos de prácticas de Laboratorio:
1ª) Consiste na inspección dunha planta de quencemento de auga instalada no Laboratorio de Automatización II. Trala descrición do sistema polo profesor, os alumn@s deben facer os apuntamentos necesarios, e plantexar as cuestións que consideren convenientes, para xerar un plano de instrumentación da planta.

2ª) Trátase das prácticas de instrumentación virtual que se levan a cabo na aula de informatica facendo uso do LabView ou software de similares características.
Sesión maxistral As sesión maxistrais correspóndense co descrito no primeiro apartado de Actividades Introductorias.
Prácticas a través de TIC O curso fundaméntase no uso da Plataforma de Teleformación é dunha web propia da materia á que se acesa dende a Plataforma.

O curso está estructurado en temas, e a súa vez cada tema organízase nos apartados: Introducción, Actividades e Materiais.

O alumno debe realizar as actividades propostas utilizando os Materiais e as ferramentas de software adecuadas, xerando un documento entregable a través da plataforma que incluirase no seu Cartafol
Saídas de campo Durante o curso o alumno traballa cos planos de instrumentación dunha instalación real, a do Aquarium Finisterrae dos Museos Científicos Coruñeses.

Na última parte do curso faise unha visita as instalacións técnicas de dita institución, para comprobar "in situ" a correspondencia entre os planos e funcionamento da planta.
Portafolios do alumno O Cartafol vaise elaborando ao longo do curso mediante a entrega dos traballos que están programados na Axenda da Plataforma de Teleformación, e constitúen a principal vía de avaliación, que remata cunha entrevista persoal entre alumn@ e profesor para valorar o Cartafol e o seguimento da materia.
Proba obxectiva Os alumn@s que non superen a materia mediante a valoración do seu Cartafol poderán acudir a un exame final da materia, na que terán a oportunidade de completar a nota obtida mediante o Cartafol.

Desaconséllase esta proba como única vía para superar a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes