Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Diplomado en Navegación Marítima
 Asignaturas
  Manobra e Estiba
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación, a nivel operacional.
A4 Manobrar o buque, a nivel operacional, tendo en conta os elementos controlables e non controlables de que dispón o manobrista.
A5 Manter a navegabilidade do buque, a nivel operacional.
A6 Adoptar as medidas axeitadas nos casos de emerxencia, a nivel operacional.
A9 Prevención, control e loita contra incendios a bordo, a nivel operacional.
A14 Vixiar o cumprimento das prescricións lexislativas, a nivel operacional.
A15 Vixiar o embarco, estiba, suxeición e desembarco da carga, o seu coidado e mantemento durante a travesía, a nivel operacional.
A16 Adopción de medidas inmediatas ao producirse un accidente ou outro tipo de emerxencia médica.
A30 Observar os procedementos de emerxencia.
A31 Observar prácticas de seguridade no traballo.
A34 Reducir o mínimo os riscos de incendio e manter un estado de preparación que permita responder en todo momento a situacións de emerxencia nas que se produzan incendios.
A36 Tomar precaucións para previr a contaminación do medio mariño.
A53 Redacción e interpretación de documentación técnica.
A54 Redacción de informes, cumprimentación e comprensión en Inglés dos diferentes documentos internacionais relacionados coa navegación e o comercio marítimo.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B11 Capacidade de adaptación a novas situacións.
B14 Capacidade de análise e síntese.
B15 Capacidade para acadar e aplicar coñecementos.
B16 Organizar, planificar e resolver problemas.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes