Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación Avanzada
   Contidos
Temas Subtemas
1- "Voyage planning" avanzado.
Planificación da viaxe e navegación, dadas tódalas condicións, seguindo métodos xeralmente aceptados de trazado de derrotas en alta mar que teñan en conta, por exemplo:
.1 as augas restrinxidas
.2 as condiciones meteorolóxicas
.3 os xeos
.4 a visibilidade reducida
.5 os dispositivos de separación do tráfico
.6 as zonas dos servicios de tráfico marítimo (STM); e
.7 as zonas con efectos acusados de mareas
Derrotas acordes cas disposicións xerais sobre organización do tráfico marítimo
Notificacións acordes cos Principios xerais a que deben axustarse os sistemas de notificación para buques e os procedementos do STM

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
2- Utilización do equipo e sistemas de navegación, incluíndo o SIVCE e os seus sistemas conexos, para facilitar a toma de decisións e manter a seguridade da navegación. Cinemática naval avanzada

Valoración dos errores do sistema e profunda comprensión dos aspectos operacionais dos sistemas de navegación

Planificación do practicaxe sen visibilidade

Avaliación dos datos náuticos obtidos de outras fontes, incluídos o radar e a APRA, a fin de adoptar e aplicar decisións que permitan evitar o abordaxe e dirixir a navegación segura do buque

A interrelación e o uso óptimo de tódolos datos náuticos dispoñibles para dirixir a navegación

SIVCE e sistemas de navegación conexos: Xestión dos procedementos operacionais, archivos de sistema e datos, incluídos os seguintes:
.1 xestionar a adquisición, a concesión de licencias e a actualización dos datos cartográficos e do soporte lóxico do sistema para axustalos ós procedementos establecidos
.2 actualizar o sistema e a información, incluída a capacidade para actualizar a versión do sistema do SIVCE de conformidade ca elaboración do produto do vendedor
.3 crear e manter a configuración do sistema e dos archivos auxiliares
.4 crear e manter os archivos do diario de navegación de conformidade cos procedementos establecidos
.5 crear e manter os archivos do plan de derrota de conformidade cos procedementos establecidos
.6 utilizar o diario de navegación do SIVCE e as funcións sobre o historial do seguimento para a inspección das funcións do sistema, axustes das alarmas e respostas do usuario

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
3- Metodoloxía avanzada para a determinación da posición e execución da navegación mediante observacións celestes, terrestres e o uso de axudas electrónicas á navegación. Determinación da situación, en calquera circunstancia:
.1 mediante observacións astronómicas
.2 mediante observacións terrestres, acompañadas da capacidade para facer uso das cartas apropiadas, os avisos ós navegantes e outras publicacións que permitan comprobar a exactitude da situación obtida
.3 utilizando modernas axudas electrónicas á navegación, con coñecemento específico dos seus principios de funcionamento, limitacións, fontes de errores e detección de deficiencias na presentación de información, e métodos de corrección para determinar con exactitude a situación

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
4- Compensación. Capacidade para ter en conta os erros dos compases magnéticos e xiroscopios
Coñecemento dos principios dos compases magnéticos e xiroscopios
Comprensión dos sistemas comprobados polo xiroscopio principal, e coñecemento do funcionamento dos principais tipos de compases xiroscopios e precaucións que hai que tomar

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
5- Sistemas e procedementos do servicio de garda. Cualidades de liderazgo e xestión Coñecemento cabal do contido, aplicación e finalidade dos principios fundamentais que procede observar na realización das gardas de navegación

Capacidade para aplicar a xestión das tarefas e da carga de traballo, incluídos os aspectos seguintes:
.1 a planificación e coordinación
.2 a asignación de persoal
.3 as limitacións de tempo e recursos
.4 a asignación de prioridades
Coñecemento e capacidade para aplicar a xestión eficaz dos recursos
.1 a distribución, asignación e clasificación prioritaria dos recursos
.2 a comunicación eficaz a bordo e en terra
.3 as decisións adoptadas reflexan o resultado do exame das experiencias no equipo
.4 a determinación e o liderazgo, incluída a motivación
.5 a consecución e o mantemento da conciencia da situación

O desenrolo deste tema cumpre ca columna 2, Coñecementos, Comprensión e Suficiencia, do Convenio STCW, modificado por Manila 2010, do cadro AII/2.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes