Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A7 B9 B13 C6 Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizaranse, ao longo do curso, catro probas parciais para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre (tres exercicios de tipo práctico e una proba teórica). Aqueles que superen todos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un dos parciais á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será a media xeométrica ponderado dos parciais (dando maior peso á menor nota obtida). En caso de non presentarse a algún dos parciais considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.

Aqueles alumnos que non sigan o sistema de avaliación descrito ou suspendan a materia por curso, deberán presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas parciais non librarán materia para o final.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A5, A6, A7, B9, B13, C6.
95
Simulación A1 A2 A5 A6 A7 A19 B4 B9 B13 B14 B15 C2 C6 C10 C11 Os exercicios de simulación serán de obrigatoria asistencia para a superación da materia e serán avaliados sen cualificación numérica (apto ou non apto).
Aqueles alumnos que non asistan ao 80% das clases de simulación serán avaliados como non aptos.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A5, A6, A7, A19, B13, B14, C6.
0
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 B12 B13 B14 C10 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, B13, B14, C10.
5
 
Observacións avaliación

O exame final (tanto o da primeira oportunidade coma o da segunda) constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha parte unha nota inferior a 3,5, a nota do exame
corresponderase coa media xeométrica ponderado da das partes (dando maior peso
á menor nota obtida).

O alumnado
con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia non se lle exixirá unha asistencia mínima para poder
presentarse os exames parciais, sen embargo, deberán acordarse co docente unha
serie de titorías (presenciais ou non presenciais) o longo do curso para
acreditar o seguimento da materia.

Aqueles alumnos cualificados como non aptos na metodoloxía
de simulación non poden superar a materia. Neste caso aínda superando a proba obxectiva
e as prácticas de laboratorio o alumno será cualificado con un 4.

Os criterios
de avaliación contemplados no cadro A-II/2 do Código STCW na súa forma emendada,
e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de
deseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes