Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A5 A6 A7 B9 B13 C6 Para os alumnos cunha asistencia regular a clase (polo menos o 80%) realizaranse, ao longo do curso, catro probas parciais para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre (tres exercicios de tipo práctico e una proba teórica). Aqueles que superen todos os parciais cunha nota media igual ou superior a 5 non terán que presentarse ao exame final, a non ser que desexen subir a nota do curso. A nota mínima para poder compensar por media aritmética cada un dos parciais á hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En caso de obter nalgún dos parciais unha nota inferior a un 3,5, a nota do curso será de suspenso (cunha nota máxima de 4). En caso de non presentarse a algún dos parciais, considerarase que o alumno non está a seguir o sistema de avaliación continua descrito e será cualificado por curso como non presentado.

O alumnado que non siga o sistema de avaliación continua descrito ou suspenda a materia por curso, deberá presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade da materia. As probas parciais superadas cunha nota maior ou igual a 5, librarán materia para o exame final da primeira oportunidade, pero non para o da segunda oportunidade (o alumnado que deba examinarse na segunda oportunidade deberá facelo da totalidade da materia).

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, A5, A6, A7, B9, B13, C6.
95
Simulación A1 A2 A5 A6 A7 A19 B4 B9 B13 B14 B15 C2 C6 C10 C11 Os exercicios de simulación serán de obrigatoria asistencia para a superación da materia e serán avaliados sen cualificación numérica (apto ou non apto).
Aqueles alumnos que non asistan ao 80% das clases de simulación serán avaliados como non aptos.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A5, A6, A7, A19, B4, B9, B13, B14, B15, C6, C10, C11.
0
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 B12 B13 B14 C10 No caso de que un alumno suspendese a materia cunha nota igual ou maior de 4,5, poderá aprobar a materia a condición de que realizase ao longo do curso o 100% das prácticas propostas en clase.

Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A1, A2, A3, B12, B13, B14, C10.
5
 
Observacións avaliación

O exame final (tanto o da primeira oportunidade
coma o da segunda) constará de varias partes claramente diferenciadas en canto
a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo, diferentes partes de teoría
ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en base 10.
Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou superior a un
3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso de obter en
algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do exame será de
suspenso (máxima nota 4). En caso de non presentarse a algunha das partes, a
nota do exame será de cero.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá
unha asistencia mínima para poder presentarse os exames parciais, sempre e
cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Además,
deberá acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non
presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.

Aqueles alumnos cualificados como non aptos na
metodoloxía de simulación non poden superar a materia. Neste caso aínda
superando a proba obxectiva e as prácticas de laboratorio o alumno será
cualificado cunha nota máxima de 4.



Os criterios de avaliación contemplados
no cadro A-II/2 do Código STCW na súa forma emendada, e recollidos no Sistema
de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a
avaliación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na
materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria
extraordinaria.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes