Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Xestión de Inspeccións Náuticas
   Contidos
Temas Subtemas
As Inspeccions do Estado de bandeira do buque: O UNCLOS como fundamento da súa competencia e obrigacións derivadas. O proceso de Inspección e aspectos que abarca. Os Certificados estatutarios: Convenios Internacionais básicos de aplicación e análise dos requisitos esenciais para lograr a obtención e renovación dos mesmos. A delegación da Inspección e a Certificación nas organizacións Recoñecidas por parte do Estado
de Bandeira. A Organización da Inspección e o Recoñecemento de Buques pola
Administración Marítima española: Análise da normativa vixente.
As Sociedades de Clasificación: O seu papel histórico, evolución e situación actual con especial
referencia ao papel da IACS. A Clasificación: Ámbito de aplicación, asignación,
mantemento, suspensión e retirada de clase. Tipos de inspeccións. Análise do proceso
para a obtención dos Certificados de Clase na fase de construción de buque, así como a súa
renovación ao longo da vida do mesmo. O dobre papel das Sociedades de Clasificación
(como Clase e como Organización Recoñecida por un Estado de Bandeira) e os problemas que
expón. A cuestión da responsabilidade das Sociedades de Clasificación: novos tempos.
Normativa de aplicación na UE tras o accidente do ERIKA.
As Regions MoU e o Estado Rector do Porto: Xénese (UNCLOS como fundamento da
súa competencia), análise desde a súa implantación e evolución cara a unha cobertura mundial.
Procedementos de inspección con especial referencia ao París MOU e consecuencias no
transporte marítimo. Estudo pormenorizado das listas de comprobación a cumprimentar
para tratar de evitar deficiencias e/ou detencións nas Inspeccións. Recursos ante
detencións do buque por un Estado Reitor do Porto.
O proceso de Vetting de un buque: Introdución. Xénese, evolución e situación actual. As
Inspeccións como parte relevante do proceso: contido das mesmas e análises das
listas de comprobación establecidas nos requirimentos de varias Compañías Vetting de prestixio.
Ámbito de aplicación: A OCIMF e a base de datos SIRE; o CDI e a base de datos
SIR. O papel de INTERTANKO e BIMCO. Outros criterios adicionais selección: O Estado Reitor
do Porto, os Estados de Bandeira, as Sociedades de Clasificación e a base de datos Equasis.
O programa voluntario TMSA como marco para a autovaloración do sistema de xestión da
seguridade do operador do buque. Análise xeral de cláusulas sobre vetting nos contratos
de fletamento.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes