Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Informática
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Informática Código 631G01110
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
jose.vidal.paz@udc.es
Profesorado
Porta Trinidad, Juan
Vidal Paz, Jose
Correo electrónico
juan.porta@udc.es
jose.vidal.paz@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia encádrase dentro das materias básicas das enxeñarías, e máis concretamente considérase como unha materia transversal porque as competencias adquiridas son importantes para cursar a maioría das materias da titulación. Ademais, se temos en conta a progresiva informatización e automatización experimentada polos buques nestes últimos anos, pódese comprender que as competencias adquiridas nesta materia tamén serán de gran importancia para o desenvolvemento da profesión dos futuros titulados en Náutica. Dentro do plan de estudos, aínda que esta materia pódese considerar relacionada con case todas as demais, garda unha estreita relación coas Matemáticas e a Física (resolución de problemas, representación gráfica de resultados e interpretación), o Debuxo (CAD), a Electricidade e Electrónica (codificación da información, lóxica binaria, hardware), Navegación (cartografía electrónica) e Regulamentos e Sinais (sistemas de balizamento). Tamén se considera que está relacionada co Inglés, pois moita da información a manexar (libros, Internet, manuais, videotutoriais, ...) atópase neste idioma.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Traballos tutelados (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Stream) - Prácticas de laboratorio (non se realizarán, porque tanto o ensamblado de equipos informáticos, como a montaxe e configuración dunha rede wi-fi, tan só se poden facer de maneira presencial) - Solución de problemas (uso de Teams) - Presentación oral (uso de Teams) (computa na avaliación) - Prácticas a través de TIC (uso de correo electrónico, Teams e Moodle) - Proba mixta (uso de Moodle e Teams) (computa na avaliación) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento da resolución de problemas e os traballos tutelados. - Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen dos arquivos para a sua descarga nos que teñen que resolver exercicios prácticos, e vídeos de elaboración propia en Stream para complementar os contidos teóricos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web nas que poderán descargar o software opensource necesario para o seguimento da materia, así como tutoriais e vídeos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC. - Teams: 1 sesión semanal de 2 horas en grupo único para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola, así como para a presentación oral. Outra sesión semanal de 2 horas en grupos medianos, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio das prácticas e dos traballos tutelado. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación - A proba mixta pasará de ser presencial a ser on-line. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes