Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Nautical Science and Naval Engines
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Subjects
  Ship Manoeuvering I
   Methodologies
Methodologies Description
Laboratory practice Traballo con cabos e aparellos. Aprendizaxe de nós básicos con cabos. Cando sexa posible estas prácticas realizaranse no buque "BreogánIV"
Simulation A formación derivada da parte práctica está orientada principalmente ao estudo, planificación e desenvolvemento e execución das manobras de recalada, fondeo, entrada, atracada, desatraque, e saída de diferentes portos con diferentes modelos de tipos de buques. Para a realización dos exercicios prácticos, os alumnos dispoñen dun simulador de manobra TRANSAS mod. NT Prol 4000 versión 4.50 no que se representan escenarios de diferentes portos, onde con gran realismo preséntanse as situacións de risco máis habituais que poden darse durante a navegación, realizando manobras de atracada e desatraque. Cada exercicio compleméntase coa análise posterior de cada manobra comentando os pormenores da súa execución.
Introductory activities Descrición de programa, metodoloxía, obxectivos e criterios de avaliación. Ao finalizar a exposición abrirase un período de preguntas ao obxecto de aclarar calquera dúbida que se lle presente ao alumno.
Guest lecture / keynote speech Configúrase a exposición de cada un dos temas que conforman o programa ao obxecto de que os alumnos adquiran os coñecementos básicos sobre a manobra do buque.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes