Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación e Organización do Buque
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Navegación e Organización do Buque Código 631G01212
Titulación
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Coordinación
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
alsira.salgado@udc.es
Profesorado
Lopez Varela, Pablo
Salgado Don, Alsira
Correo electrónico
pablo.lopez@udc.es
alsira.salgado@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense as metodoloxías de lecturas e sesión maxistral (que este curso xa se impartirá, a prior, de xeito online), o resto modifícanse para adaptalas o formato non presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio: Mantense esta metodoloxía, ca particularidade de que as horas destinadas a realización de exercicios na aula, así como a súa corrección, farase de xeito non presencial. Proba obxectiva e proba práctica: De ser posible manter a presencialidade, tanto das probas parciais coma dos exames finais de 1ª e 2ª oportunidades, estes realizarase con normalidade tal e como está descrito na guía docente. De non ser posible, realizarase online a través do Moodle e/ou Teams, mantendo os mesmos principios. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: Os docentes estaremos conectados nesta plataforma no horario normal de titorías para atender o alumnado mediante o servicio de chat ou videoconferencia. En caso de verse necesario, estas titorías faranse en grupos reducidos. Foro de dubidas no Moodle: Nel o alumnado pode expoñer cantas dúbidas considere oportuno, os docentes intentaremos resolvelas o antes posible. Correo electrónico: Como sempre, os docentes da materia estamos a disposición do alumnado a través do correo electrónico. Sen embargo, para facer consultas e expoñer dúbidas sobre a materia impartida ou os exercicios, é preferible que se faga en Moodle, a través do foro habilitado, xa que así todo o alumnado pode beneficiarse das respostas. 4. Modificacións na avaliación Manteranse as mesmas metodoloxías de avaliación, cos seus porcentaxes correspondentes. *Observacións de avaliación: A pesar de manterse as metodoloxías de avaliación que figuran na guía docente, estas adaptaranse a non presencialidade do seguinte xeito: Respecto o cómputo da asistencia, de realizarse, tan só se aplicará respecto as clases presenciais de prácticas. Durante o escenario de non presencialidade, non se realizará control de asistencia. Así, para poder presentarse as probas parciais, terase que asistir a un 80% das actividades prácticas presenciais realizadas ata ese momento, de habelas. Isto sempre e cando a situación de non presencialidade dure menos da metade do cuadrimestre. En caso contrario, eliminarase por completo este requisito. En caso de que as probas parciais, tanto prácticas como teórica (obxectiva), se realicen todas elas en situación de non presencialidade, non se esixirá nota mínima en cada unha das probas, e a nota por curso obterase sempre empregando a media aritmética das cualificacións parciais. O mesmo se aplicará o exame oficial de cada oportunidade, en caso de realizarse en condicións exclusivas de non presencialidade, a nota será a media aritmética das partes do exame, sen restrición de nota mínima (en caso de realizarse de xeito híbrido, seguirase o establecido na guía docente). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán modificacións. En todo caso, reforzarase o material accesible dende Moodle, con exercicios resoltos, e se complementarán as gravacións das clases impartidas de xeito síncrono con vídeos sobre cuestións adicionais.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes