Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Matemáticas 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Matemáticas 1 Código 631G02151
Titulación
Grao en Tecnoloxías Mariñas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Suarez Taboada, Maria
Correo electrónico
maria.suarez3@udc.es
Profesorado
Suarez Taboada, Maria
Correo electrónico
maria.suarez3@udc.es
Web http://www.nauticaymaquinas.es/
Descrición xeral Nesta materia danse a coñecer os conceptos fundamentais e as aplicacións máis elementais de Álxebra Lineal, Xeometría do Plano e do Espazo Afín e Euclídeo, Análise de Funcións Reais dunha Variable Real e Variable Complexa. O alumno vai aprender a manexar con soltura as ferramentas básicas de Álxebra e Cálculo pero tamén a mellorar as súas habilidades na aprendizaxe e desenvolvemento de novos métodos e tecnoloxías necesarias para continuar a súa formación. Tamén a traballar con material bibliográfico e recursos informáticos, a elaborar unha memoria/informe de modo rigoroso e sistemático, a escribir e transmitir coñecementos correctamente, a realizar eficazmente as tarefas asignadas como parte dun grupo, etc. En concreto será capaz de resolver e analizar os resultados dos problemas matemáticos que poidan xurdir na enxeñería, a usar modelos matemáticos e a identificar o caso en que deben aplicarse.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías • Metodoloxías docentes que se manteñen: Aprendizaxe colaborativa, Esquemas, Traballos tutelados, Análise de fontes documentais, Debate virtual, Discusión dirixida, Actividades iniciais. • Metodoloxías docentes que se modifican • Sesión maxistral. Pasarán a ser vídeos e videoconferencias virtuais co alumnado pola plataforma Teams. Quedan gravadas en Stream. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Solución de problemas. Pasarán a ser sesións virtuais de dúbidas na resolución de problemas e coleccións de exercicios resoltos postos a disposición do alumnado en OneNote. Realizaranse sempre no horario oficial fixado en Xunta de Escola. • Proba obxectiva. De non poder realizarse presencialmente, a proba obxectiva será realizada coas ferramentas de avaliación online que a Universidade pon á disposición da comunidade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: En horario laboral. Para facer consultas breves e solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas en horario de titorías. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do estudantado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. – Teams: Sesións semanais en grupo único e grupos de docencia interactiva para o avance dos contidos teóricos e prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do estudantado para desenvolver os traballos da materia. 4. Modificacións na avaliación Establécense dous posibles itinerarios: 1) Estudantes que teñan realizado a avaliación continua durante o curso: a) Metodoloxía: Traballos tutelados e Solución de problemas Peso na cualificación: 50% Descrición: O alumnado que fixera as probas de avaliación continua durante o curso (de xeito presencial e/ou virtual) será cualificado coa nota media ponderada que obtiveron b) Metodoloxía: Proba obxectiva Peso na cualificación: 50% Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos e resolución de problemas, coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. 2) Estudantes que non realizaron avaliación continua durante o curso ou renuncian a ela: a) Metodoloxía: Proba obxectiva Peso na cualificación: 50% Descrición: Proba individual de asimilación de coñecementos teórico-prácticos. b) Metodoloxía: Solución de problemas Peso na cualificación: 50% Descrición: Resolución de problemas prácticos coa posibilidade de defensa oral dalgún dos problemas propostos. Observacións de avaliación: O alumnado que se acolla ao segundo itinerario (sen avaliación continua) examinarase de toda a materia e deberá acadar un mínimo do 35% na proba obxectiva para poder facer media coa parte de resolución de problemas. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle así como de diversos enlaces a libros electrónicos dispoñibles a través da Biblioteca da UDC para facilitar ao alumnado o acceso á bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes