Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Técnicas de Frío e Aire acondicionado
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Realizarase a explicación detallada dos contidos da materia que se distribúen en temas, o alumno contará con material bibliográfico do tema para tratar en cada sesión maxistral.
Fomentarase a participación do alumno en clase, a través de comentarios e técnicas de ensino, que tratan de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real nos buques e que inclúan a adquisición de competencias específicas da titulación, garantindo o coñecemento, comprensión e suficiencia das competencias recollidas no cadro AIII/2, do Convenio STCW.
A exposición de contidos farase con presentacións, interpretación de material audiovisual: Debates, Foros Resolución de dúbidas
Estudo de casos Proposta e solución de problemas de cálculo e balances enerxéticos de instalacións frigoríficas dos buques, usando táboas de fluídos refrixerantes, diagramas de Mollier e software de inxeriría
Proposta de casos prácticos, resolución e crítica que servirán para aplicar os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. Utilizaranse a técnica expositiva e pregunta.
Prácticas de laboratorio Realizarase a explicación detallada das prácticas para realizar polos alumnos, marcando os obxectivos das mesmas e facilitando o dossier didáctico correspondente.
O profesor realizará unha explicación das instalacións do laboratorio e dos medios e ferramentas dispoñibles para as prácticas.
O profesor guiará aos estudantes no coñecemento das normas de seguridade e comportamento, na utilización do instrumental básico necesario para os labores de montaxe e desmonte de equipos frigoríficos e na utilización de instrumentos para o deseño, cálculo e mantemento de instalacións frigoríficas baseados na análise dos parámetros de funcionamento dos sistemas de refrixeración estudados.
Organizaranse visitas voluntarias, na medida do posible, a instalacións industriais e a buques LPG e LNG para completar e reforzar contidos teóricos das clases maxistrais.
A exposición de contidos farase con presentacións, interpretación de material audiovisual: Debates, Foros
Resolución de dúbidas
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes