Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica e Sist. Electrónicos do Buque
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A7 A14 A17 A18 A30 A31 B2 C6 C9 Consistirá nunha proba de teoría e resolución de problemas sobre os contidos da materia e na que se valorará a comprensión destes e a súa aplicación á resolución de problemas.
Poderían facerse exames parciais ou unha avaliación continua que poderían eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.
Poderase valorar a participación do alumno ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e titorías.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría. Para os alumnos que cumpran co requisito do 3,6 mínimo na proba mixta ou a avaliación continua, poderá valorarse positivamente a realización dos anteditos traballos.
Para aprobar o curso debe terse demostrado polo menos un coñecemento básico das partes de teoría e problemas de cada un dos temas.
Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.
Se na nota final de teoría e problemas non se obtivo un mínimo de 4, para calcular a nota final do curso, a nota de prácticas dividirase por dous.
80
Proba de resposta breve A14 A17 A47 B2 C3 C6 Consistirá nunha proba de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade sobre o uso da instrumentación de laboratorio.
Podería facerse unha avaliación continua ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.
Consideraranse como "non presentados" ós estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación dos
contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da
materia representa un 80% da nota global. A avaliación das prácticas de
laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20%
restante.

Para aprobar a materia
esixirase:

1) Proba mixta: Proba sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de
problemas: ter un mínimo de 3,6 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un
coñecemento básico de todo o contido da materia.

Poderían facerse exames parciais ou unha avaliación continua que
podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.

Para aprobar o curso debe terse demostrado polo menos un mínimo coñecemento das partes de teoría e problemas de
cada un dos temas.

Podera valorarse a participación do alumno ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e titorías.

Opcionalmente poden entregarse traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría. Para os estudantes que cumpran o requisito do 3,6 mínimo na proba mixta ou avaliación continua, pode valorarse positivamente a realización destes traballos propostos polo profesor de teoría.

Para aprobar a materia
deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e
problemas da materia.

Consideraranse como "non presentados" ós estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas.

2) Ter un mínimo de 1
punto na proba de resposta breve.

Consistirá nunha proba
escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela
valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para
establecer xuízos críticos e a súa habilidade sobre o uso da instrumentación
de laboratorio.

Podería facerse unha avaliación continuada
ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de
resposta breve final.

Poderá valorarse positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu
razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.

Se na parte de teoría e
problemas non se obtivo o 4 mínimo, para calcular a nota final a nota de
prácticas dividirase por dous.

Se en prácticas non se obtivo o 1 mínimo, para
calcular a nota final farase a media xeométrica.

Os criterios de avaliación
contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recollidos no
Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar
a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes