Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Transportes Especiais e Mercadurías Perigosas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A3 A21 B5 C3 A asistencia ás practicas relacionadas co STCW son obrigatorias 0
Proba obxectiva A21 A33 A34 C1 C2 C11 C12 Valorásese cun máximo do 90% o exame escrito. 90
Sesión maxistral A3 A4 A10 A11 A18 A21 A34 A41 A43 B6 C3 C11 C12 C13 Valorarase a asistencia ás devanditas sesións 10
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación cumpre cos criterios de avaliación da competencia recollidos na Columna 4 dos seguintes Cadros do Convenio STCW, modificado por Manila 2010:

Cadro A-V/1-1-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para operacións de carga en petroleiros e quimiqueros.

Cadro A-V/1-2-1. Especificación das normas mínimas de competencia en formación básica para as operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado.

Cadro A-V/1-1-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en petroleiros.

Cadro A-V/1-1-3. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en quimiqueros

Cadro A-V/1-2-2. Especificación das normas mínimas de competencia en formación avanzada para operacións de carga en buques tanque para o transporte de gas licuado

Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.

As probas parciais forman parte da avaliación continua, por tanto para poder acollerse a elas a asistencia ás sesións maxistrais ha de ser dun 90%.

As prácticas relacionadas co STCW son obrigatorias na sùa totalidade.

Nas prácticas inclúese, sempre que sexa posible, a visita nos veleiros a buques tanque atracados: petroleiros, gaseros e quimiqueros.

No caso de alumnos
con dispensa académica, o 10% da presencialidade repartirase proporcionalmente
entre o resto de criterios. O alumno non acollido a avaliación continua será
avaliado en proba presencial cun valor do 100%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes