Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A18 B10 C12 Valorarase:
- Contido da presentación: 40%
- Coñecemento do tema: 35%
- Postura e contacto visual, voz, vocabulario e estilo: 25%
15
Solución de problemas A13 B1 B2 B4 B11 C6 C10 C11 C12 C13 Ao final das clases de problemas o profesor proporá un problema que o alumnado debe resolver no aula e entregar ao final da clase. 20
Prácticas de laboratorio A13 A15 A18 A62 A63 A64 A65 A66 A67 A68 A69 A70 A71 A72 A73 B1 B4 B10 B11 C10 C11 C12 C13 Valorarase a asistencia, a actitude no transcurso das prácticas, e os resultados acadados nas mesmas.

O alumnado terá que defender a práctica ante as preguntas do profesor, e demostrar que funciona correctamente, realizando as medidas que precise cos aparatos de medida cos que conta o laboratorio.
20
Traballos tutelados A13 A15 A18 A63 A68 B2 B4 B10 B11 C6 C10 C12 C13 Valorarase:
- Contido: completo e práctico: 40%
- Estructura: indicar título, autor, bibliografía, imaxes: 30%
- Investigación: tema actual e innovador: 20%
- Orixinalidade: capta a atención do público: 10%
35
Proba de resposta múltiple A18 C9 C12 No inicio de cada sesión maxistral o alumnado terá que respostar a unha serie de preguntas tipo test relacionadas coa materia tratada na sesión anterior 10
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade

Para poder aprobar a materia será necesario:

  • Avaliación Continua:
    • Alcanzar unha Nota total como mínimo do 50% da nota máxima.
    • Os cuestionarios tipo test sobre os conceptos tratados nas sesións maxistrais terán una valoración de 10 puntos (nota mínima esixible 5 puntos).
    • A resolución de problemas nas clases prácticas terá unha valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Entregar e defender as prácticas nas datas que se indiquen, que terán una valoración de 20 puntos (nota mínima esixible 10 puntos).
    • Expoñer e defender o traballo tutelado final na data que se indique, que terá una valoración de 50 puntos.
  • Exame final
    • Aqueles alumnos que non opten pola avaliación continua ou non acaden algunha das notas mínimas esixibles suficientes para aprobar na mesma, examinaranse do temario completo por medio dunha proba obxectiva máis unha proba práctica.
    • A proba obxectiva terá una valoración de 30 puntos.
    • A proba práctica terá una valoración de 70 puntos.

Segunda oportunidade

Para poder aprobar nesta oportunidade

  • Aplicaranse os mesmos criterios para aprobar que na primeira oportunidade.
  • Gardaranse as notas das partes que se tiveran aprobado na primeira oportunidade.

OBSERVACIÓNS

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017):

  • Asistencia/participación nas actividades de clase mínima: pode ser compensada coa resolución dos problemas e o desenvolvemento do traballo tutelado a distancia (embarcado), realizando as titorías a través do correo electrónico, do Campus Virtual da UDC e por videoconferencia con Teams.
  • Se lle proporcionará un kit de circuitos dixitais para que poda realizar as prácticas de laboratorio propostas, as cales poderá entregar por videoconferencia con Teams.
  • Presentación oral: poderá realizarse a distancia (embarcado) por videoconferencia a través de Teams.
  • Calificación: aplicaranse os mesmos criterios.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á segunda oportunidade e á oportunidade adiantada.

Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-III/6 do Código STCW, e recollido no Sistema de Garantía de Calidad, teranse en conta á hora de diseñar e realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes