Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 CE1 - Capacidade para a realización de inspeccións, medicións, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planos de labores e certificacións nas instalacións do ámbito da súa especialidade.
  A2 CE2 - Capacidade para a dirección, organización e operación das actividades obxecto das instalacións marítimas no ámbito da súa especialidade.
  A3 CE3 - Capacidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  A4 CE4 - Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas, así como a prevención de riscos laborais no ámbito da súa especialidade.
  A5 CE5 - Coñecementos na organización de empresas. Capacidade de organización e planificación.
  A6 CE6 - Coñecementos e capacidade para a realización de auditorías enerxéticas de instalacións marítimas.
  A7 CE7 - Capacidade para a operación e posta en marcha de novas instalacións ou que teñan por obxecto a construción, reforma, reparación, conservación, instalación, montaxe ou explotación, realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, e outros traballos análogos de instalacións enerxéticas e industriais mariñas, nos seus respectivos casos, tanto con carácter principal como accesorio, sempre que quede comprendido pola súa natureza e característica na técnica propia da titulación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
  A8 CE8 - Capacidade para realizar actividades inspectoras de acordo co establecido na normativa europea referente ao control polo estado do porto.
  A9 CE9 - Realizar informes técnicos de incidentes con incendios, no ámbito da súa especialidade.
  A10 CE10 - Observar os procedementos de emerxencia, no ámbito da súa especialidade.
  A11 CE11 - Observar prácticas de seguridade no traballo, no ámbito da súa especialidade.
  A12 CE12 - Interpretar e representar correctamente o espazo tridimensional, coñecendo os obxectivos e o emprego dos sistemas de representación gráfica.
  A13 CE13 - Levar a cabo automatizacións de procesos e instalacións marítimas.
  A14 CE14 - Avaliación cualitativa e cuantitativa de datos e resultados, así como a representación e interpretación matemáticas de resultados obtidos experimentalmente.
  A15 CE15 - Manexar correctamente a información procedente da instrumentación e sintonizar controladores, no ámbito da súa especialidade.
  A16 CE16 - Ensamblar e realizar tarefas básicas de mantemento e reparación de equipos informáticos. Instalar e manexar sistemas operativos e aplicacións informáticas. Instalar e realizar as tarefas básicas de xestión de redes de ordenadores, no ámbito da súa especialidade.
  A17 CE17 - Modelizar situacións e resolver problemas con técnicas ou ferramentas físico-matemáticas.
  A18 CE18 - Redacción e interpretación de documentación técnica.
  A19 CE19 - Coñecer as características e limitacións dos materiais utilizados para a reparación de buques e equipos.
  A20 CE20 - Ser capaz de identificar, analizar e aplicar os coñecementos adquiridos nas distintas materias do Grao, a unha situación determinada formulando a solución técnica máis axeitada dende o punto de vista económico, ambiental e de seguridade.
  A21 CE37 - Capacidad para ejercer como Oficial de Máquinas de la Marina Mercante, una vez superados los requisitos exigidos por la Administración Marítima.
  A22 CE38 - Capacidade para manter e reformar instalacións e reformas de equipos de cuberta, instalacións contra incendios, dispositivos e medios de salvamento e todos aqueles elementos relacionados coa seguridade da navegación, dentro do ámbito da súa especialidade, é dicir, operación e explotación.
  A23 CE39 - Capacidade para a realización das actividades inspectoras relacionadas co cumprimento dos convenios internacionais de obrigado cumprimento, en todo o referido a buques en servizo, sempre que se circunscriban ao ámbito Da súa especialidade.
  A24 CE40 - Capacidade para a xestión, dirección, control, organización e planificación de industrias ou explotacións relacionadas coas actividades da enxeñaría mariña tanto en competencias referidas á calidade, medio, seguridade mariña e prevención de riscos laborais como todas as actividades relacionadas coa posta no mercado da súa produción.
  A25 CE21 - Comprender as ordes e facerse entender en relación coas tarefas da bordo.
  A26 CE22 - Contribuír a que as relacións humanas a bordo do buque sexan boas.
  A27 CE23 - Aplicar os protocolos de seguridade nos casos de supervivencia.
  A28 CE24 - Participar nos plans de coordinación de asistencia médica a bordo dos buques e aplicar os protocolos en caso de accidente e emerxencia médica.
  A29 CE41 - Realizar operacións de explotación óptima das instalacións do buque.
  A30 CE42 - Operar, reparar, manter, reformar, optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; propulsión eléctrica e propulsión con turbinas de gas; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control do buque; as instalacións auxiliares do buque, tales como instalacións frigoríficas, sistemas de goberno, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, separadores de sentinas, grupos electróxenos, etc.
  A31 CE43 - Operar, reparar, manter e optimizar as instalacións auxiliares dos buques que transportan cargas especiais, tales como quimiqueiros, LPG, LNG, petroleiros, cementeiros, Ro-Ro, Pasaxe, botes rápidos, etc.
  A32 CE44 - Coñecer o balance enerxético xeral, que inclúe o balance termo-eléctrico do buque, ou sistema de mantemento da carga, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio.
  A33 CE25 - Saber especificar os parámetros de operación dos sistemas de seguridade a bordo e os relacionados coa protección ambiental.
  A34 CE26 - Asegurar o cumprimento das prescricións sobre prevención da contaminación.
  A35 CE27 - Emprego do inglés escrito e falado.
  A36 CE28 - Facer funcionar os dispositivos de salvamento.
  A37 CE29 - Manter a navegabilidade do buque.
  A38 CE45 - Manter os sistemas de maquinaria naval, incluídos os sistemas de control.
  A39 CE46 - Operar alternadores, xeradores e sistemas de control.
  A40 CE47 - Operar a maquinaria principal e auxiliar e os sistemas de control correspondentes.
  A41 CE48 - Operar os sistemas de bombeo e de control correspondentes.
  A42 CE30 - Prestar primeiros auxilios a bordo.
  A43 CE31 - Prevención, control e loita contra incendios a bordo.
  A44 CE49 - Realizar unha garda de máquinas segura.
  A45 CE50 - Utilizar as ferramentas apropiadas para as operacións de fabricación e reparación que adoitan efectuarse a bordo o buque.
  A46 CE51 - Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida para o desmantelado, mantemento, reparación e montaxe das instalacións e o equipo da bordo.
  A47 CE32 - Utilizar as ferramentas manuais e o equipo de medida e proba eléctrico e electrónico para a detección de avarías e as operacións de mantemento e reparación.
  A48 CE33 - Vigilar el cumplimiento de las prescripciones legislativas.
  A49 Capacidade para a realización das actividades inspectoras de mantemento relacionadas co cumprimento da lexislación correspondente.
  A50 Capacidade para a óptima explotación de industrias relacionadas coa náutica e o transporte marítimo, tanto en competencias referidas á calidade, medio, seguridade mariña e prevención de riscos laborais.
  A51 Comprender as ordes e facerse entender en relación coas tarefas da súa competencia.
  A52 Aplicar os protocolos de seguridade ante calquera tipo de incidencia.
  A53 Realizar operacións de mantemento e explotación óptima de instalacións marítimo - industriais.
  A54 Operar, reparar, manter e optimizar a nivel operacional as instalacións industriais relacionadas coa enxeñaría mariña, como motores alternativos de combustión interna e subsistemas; turbinas de vapor e de gas, caldeiras e subsistemas asociados; ciclos combinados; equipos eléctricos, electrónicos, e de regulación e control; as instalacións auxiliares, tales como instalacións frigoríficas, instalacións de aire acondicionado, plantas potabilizadoras, grupos electróxenos, etc.
  A55 Coñecer o balance enerxético xeral, incluíndo o balance termo-eléctrico, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio.
  A56 Saber especificar os parámetros de operación dos sistemas de seguridade e os relacionados coa protección ambiental.
  A57 Utilizar as ferramentas manuais e os equipos de medida para a detección de avarías e as operacións de montaxe e mantemento.
  A58 Observar o cumprimento da lexislación vixente neste ámbito.
  A59 CE34 - Utilizar os sistemas de comunicación interna
  A60 CE35 - Aplicar as cualidades de liderazgo e traballo en equipo
  A61 CE36 - Contribuir á seguridade das persoas e do buque
  A62 CE52 - Exercer como oficial ETO da Mariña Mercante, logo de superados os requerimentos esixidos pola Administración Marítima
  A63 CE53 - Supervisar o funcionamento dos sistemas eléctricos, electrónicos e de control
  A64 CE54 - Supervisar o funcionamento dos sistemas de control automático da máquina propulsora principal e sistemas auxiliares
  A65 CE55 - Facer funcionar os sistemas xeneradores e os sistemas de distribución
  A66 CE56 - Facer funcionar, manter e xestionar os sistemas de enerxía eléctrica de máis de 1000 Voltios
  A67 CE57 - Facer funcionar os ordenadores e redes informáticas a bordo dos buques
  A68 CE58 - Manter e reparar o equipo eléctrico e electrónico
  A69 CE59 - Manter e reparar os sistemas de control automático da máquina propulsora principal e das máquinas auxiliares
  A70 CE60 - Manter e reparar os equipos de navegación da ponte e dos sistemas de comunicación do buque
  A71 CE61 - Manter e reparar os sistemas eléctricos, electrónicos e automáticos de control da maquinaria de cuberta e do equipo de manipulación da carga
  A72 CE62 - Manter e reparar os sistemas de control e seguridade do equipo de fonda
  A73 CE63 - Coñecer o balance termo-eléctrico do buque, o sistema de mantemento da carga, así como a xestión eficiente da enerxía respectando o medio ambiente
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 CT1 - Capacidad para gestionar los propios conocimientos y utilizar de forma eficiente técnicas de trabajo intelectual
  B2 CT2 - Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 CT3 - Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  B4 CT4 - Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 CT5 - Traballar de forma colaboradora.
  B6 CT6 - Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 CT7 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito marítimo, mediante fundamentos físico-matemáticos.
  B8 CT8 - Versatilidade.
  B9 CT9 - Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que lle doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  B10 CT10 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica.
  B11 CT11 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 C1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 C2 - Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 C3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 C4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 C5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 C6 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 C7 - Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 C8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
  C9 CB1 - Demostrar que posúen e comprenden coñecementos na área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e que inclúe coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
  C10 CB2 - Aplicar os coñecementos no seu traballo ou vocación dunha forma profesional e poseer competencias demostrables por medio da elaboración e defensa de argumentos e resolución de problemas dentro da área dos seus estudos
  C11 CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuicios que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
  C12 CB4 - Poder transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
  C13 CB5 - Ter desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes