Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas - Especialidade en Construccións Civís
 Asignaturas
  Enxeñaría Hidráulica e Hidrolóxica
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: topografía, materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e urbanismo.
A2 Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se formulan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
A3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís.
A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan formular no exercicio da profesión. En particular, coñecer, entender e utilizar a notación matemática, así como os conceptos básicos da álxebra, as propiedades das cónicas e cuádricas, o cálculo infinitesimal e os métodos analíticos para a súa aplicación na resolución de problemas de enxeñaría civil.
A7 Coñecementos básicos sobre o uso dos ordenadores e a súa programación, así como unha introdución básica ao cálculo numérico.
A8 Comprensión da aleatoriedade da maioría dos fenómenos físicos, sociais e económicos, o que permite actuar da forma correcta na toma de decisións ante a presenza de incerteza.
A9 Capacidade para resolver os problemas físicos básicos de enxeñaría civil e coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais de construción máis utilizados.
A21 Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
A22 Coñecemento dos conceptos básicos de hidroloxía superficial e subterránea.
A23 Coñecemento e comprensión dun sistema de abastecemento e dun sistema de saneamento a través dos distintos elementos que os compoñen, así como os coñecementos necesarios para o seu dimensionamento básico e dos aspectos tecnolóxicos relacionados coa súa implantación construtiva.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar o pensamento crítico, lóxico e creativo.
B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
B8 Reciclaxe continua de coñecementos no ámbito global de actuación da enxeñaría civil.
B9 Comprensión da importancia da innovación na profesión.
B10 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías.
B11 Entendemento e aplicación do marco legal da disciplina.
B12 Comprensión da necesidade de actuar de forma enriquecedora sobre o medio contribuíndo ao desenvolvemento sostible.
B13 Comprensión da necesidade de analizar a historia para entender o presente.
B15 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares.
B16 Capacidade para organizar e dirixir equipos de traballo.
B17 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas.
B18 Claridade na formulación de hipóteses.
B19 Capacidade de abstracción.
B20 Capacidade de traballo persoal organizado e planificado.
B21 Capacidade de autoaprendizaxe por medio da inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos e potenciar o uso das novas tecnoloxías da información.
B22 Capacidade de enfrontar situacións novas.
B23 Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita.
B24 Capacidade para aumentar a calidade do deseño gráfico nas presentacións de traballos.
B25 Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica.
B26 Capacidade de realizar probas, ensaios e experimentos e analizar, sintetizar e interpretar os resultados.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes