Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas - Especialidade en Construccións Civís
 Asignaturas
  Proxectos
   Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Capacitación científico-técnica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: topografía, materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e urbanismo.
A2 Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se formulan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
A3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís.
A5 Coñecemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís e das actividades que se poden realizar no ámbito da enxeñaría civil.
A13 Coñecemento das técnicas topográficas imprescindibles para obter medicións, formar planos, establecer trazados, levar ao terreo xeometrías definidas ou controlar movementos de estruturas ou obras de terra.
A34 Coñecemento do marco técnico, económico e lexislativo e dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de planificación das obras.
A35 Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción.
B5 Traballar de forma colaborativa.
B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B11 Entendemento e aplicación do marco legal da disciplina.
B15 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares.
B16 Capacidade para organizar e dirixir equipos de traballo.
B17 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas.
B20 Capacidade de traballo persoal organizado e planificado.
B23 Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes