Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas - Especialidade en Construccións Civís
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Capacitación científico-técnica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa enxeñaría civil: topografía, materiais de construción, xeotecnia, estruturas, edificación, hidráulica, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e urbanismo.
  A2 Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico e legal que se formulan na construción dunha obra pública e capacidade para empregar métodos contrastados e tecnoloxías acreditadas, coa finalidade de conseguir a maior eficacia na construción dentro do respecto polo medio e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
  A3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís.
  A4 Coñecemento da historia da enxeñaría civil e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
  A5 Coñecemento da profesión de enxeñeiro técnico de Obras Públicas na especialidade de Construcións Civís e das actividades que se poden realizar no ámbito da enxeñaría civil.
  A6 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poidan formular no exercicio da profesión. En particular, coñecer, entender e utilizar a notación matemática, así como os conceptos básicos da álxebra, as propiedades das cónicas e cuádricas, o cálculo infinitesimal e os métodos analíticos para a súa aplicación na resolución de problemas de enxeñaría civil.
  A7 Coñecementos básicos sobre o uso dos ordenadores e a súa programación, así como unha introdución básica ao cálculo numérico.
  A8 Comprensión da aleatoriedade da maioría dos fenómenos físicos, sociais e económicos, o que permite actuar da forma correcta na toma de decisións ante a presenza de incerteza.
  A9 Capacidade para resolver os problemas físicos básicos de enxeñaría civil e coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais de construción máis utilizados.
  A10 Capacidade para documentarse, obter información e aplicar os coñecementos de materiais de construción en sistemas estruturais. Coñecementos da relación entre a estrutura dos materiais e as propiedades mecánicas que dela se derivan.
  A11 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais do movemento mecánico, a estática, as vibracións, as ondas e a acústica e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría civil.
  A12 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica descritiva como mediante as aplicacións de deseño asistido por ordenador (CAD).
  A13 Coñecemento das técnicas topográficas imprescindibles para obter medicións, formar planos, establecer trazados, levar ao terreo xeometrías definidas ou controlar movementos de estruturas ou obras de terra.
  A14 Coñecementos básicos de xeoloxía e do comportamento de macizos rochosos, así como de xeotecnia e mecánica de solos e a súa aplicación en problemas relacionados con obras de construción civil.
  A15 Capacidade para analizar e comprender como as características das estruturas inflúen no seu comportamento e para coñecer as tipoloxías máis usuais na enxeñaría civil. Capacidade para aplicar os coñecementos sobre o funcionamento resistente das estruturas para dimensionalas seguindo as normativas existentes e utilizando métodos de cálculo tradicionais e numéricos.
  A16 Coñecemento dos fundamentos do comportamento das estruturas de formigón armado e pretensado.
  A17 Coñecemento da tipoloxía de elementos prefabricados, as características principais do seu cálculo e a súa aplicación nos procesos de fabricación.
  A18 Capacidade para preparar o proxecto, o cálculo, a construción e o mantemento de edificios por medio do coñecemento da estrutura, os acabados, as instalacións e os equipos propios da edificación.
  A19 Coñecementos sobre a patoloxía e reparación de elementos estruturais.
  A20 Coñecementos sobre as técnicas e instrumentación para o control de calidade das estruturas.
  A21 Coñecemento dos conceptos e os aspectos técnicos vinculados aos sistemas de conducións, tanto en presión como en lámina libre.
  A22 Coñecemento dos conceptos básicos de hidroloxía superficial e subterránea.
  A23 Coñecemento e comprensión dun sistema de abastecemento e dun sistema de saneamento a través dos distintos elementos que os compoñen, así como os coñecementos necesarios para o seu dimensionamento básico e dos aspectos tecnolóxicos relacionados coa súa implantación construtiva.
  A24 Coñecemento das leis xerais do electromagnetismo como base fundamental para a comprensión de calquera tipo de máquina eléctrica e das instalacións eléctricas.
  A25 Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre os tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento fundamental da xeración de enerxía eléctrica en España e do mercado eléctrico español.
  A26 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar tecnoloxías actuais e a normativa vixente para resolver problemas relacionados cos residuos sólidos urbanos.
  A27 Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais co fin de inventariar o medio e aplicar metodoloxías de valoración de impactos para o seu emprego en estudos e avaliacións de impacto ambiental.
  A28 Coñecemento nas áreas de construción e explotación de portos e obras marítimas.
  A29 Coñecemento da problemática do dimensionamento, do proxecto, da construción e da conservación dos firmes dunha estrada, así como dos elementos que compoñen as dotacións viarias básicas.
  A30 Capacidade para construír e manter liñas de ferrocarril, con coñecementos suficientes para aplicar a normativa técnica, e identificar as características dos elementos constitutivos principais das instalacións de electrificación, sinalización, seguridade, comunicacións, así como identificar e diferenciar as características do material móbil.
  A31 Capacidade para comprender a influencia das infraestruturas na ordenación do territorio.
  A32 Capacidade para participar na urbanización do espazo público urbano, e nos proxectos dos servizos urbanos relacionados co proceso urbanizador, tales como distribución de auga, saneamento, enerxía, iluminación, comunicacións, xestión de residuos etc.
  A33 Capacidade para analizar os mecanismos de funcionamento dunha economía desde un punto de vista global e os problemas económicos da empresa e as diferentes formulacións existentes para a súa resolución, especialmente no ámbito da economía da construción como unha actividade económica dentro da economía xeral.
  A34 Coñecemento do marco técnico, económico e lexislativo e dos procedementos construtivos, a maquinaria de construción e as técnicas de planificación das obras.
  A35 Capacidade de análise da problemática da seguridade e saúde nas obras de construción.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Aprender a aprender.
  B2 Resolver problemas de forma efectiva.
  B3 Aplicar o pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B5 Traballar de forma colaborativa.
  B6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B7 Comunicarse de xeito efectivo nun ámbito de traballo.
  B8 Reciclaxe continua de coñecementos no ámbito global de actuación da enxeñaría civil.
  B9 Comprensión da importancia da innovación na profesión.
  B10 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías.
  B11 Entendemento e aplicación do marco legal da disciplina.
  B12 Comprensión da necesidade de actuar de forma enriquecedora sobre o medio contribuíndo ao desenvolvemento sostible.
  B13 Comprensión da necesidade de analizar a historia para entender o presente.
  B14 Apreciación da diversidade.
  B15 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares.
  B16 Capacidade para organizar e dirixir equipos de traballo.
  B17 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e das ideas.
  B18 Claridade na formulación de hipóteses.
  B19 Capacidade de abstracción.
  B20 Capacidade de traballo persoal organizado e planificado.
  B21 Capacidade de autoaprendizaxe por medio da inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos e potenciar o uso das novas tecnoloxías da información.
  B22 Capacidade de enfrontar situacións novas.
  B23 Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita.
  B24 Capacidade para aumentar a calidade do deseño gráfico nas presentacións de traballos.
  B25 Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica.
  B26 Capacidade de realizar probas, ensaios e experimentos e analizar, sintetizar e interpretar os resultados.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes