Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga
 Competencias do título


TipoA Código  
  Mixto
  AM1 Capacitación científico-técnica e metodolóxica para a asesoría, a análise, o deseño, o cálculo, o proxecto, a planificación, a dirección, a xestión, a construción, o mantemento, a conservación e a explotación nos campos relacionados coa Enxeñaría da Auga: hidráulica, hidroloxía, enerxía, enxeñaría sanitaria, medio ambiente, enxeñaría marítima e costeira, enxeñaría fluvial, dirección e xestión de empresas, etc., e calquera outra actividade relacionada coa Enxeñaría da Auga.
  AM2 Capacidade para comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico, legal e da propiedade que se propoñen no proxecto dunha obra pública, e capacidade para establecer diferentes alternativas válidas, elixir a óptima e plasmala adecuadamente, previndo os problemas da súa construción, e empregando os métodos e tecnoloxías máis adecuadas, tanto tradicionais como innovadores, coa finalidade de conseguir a maior eficacia dentro do respecto polo medio ambiente e a protección da seguridade e saúde dos traballadores e usuarios da obra pública.
  AM3 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación relacionada coa Enxeñaría da Auga durante o desenvolvemento da profesión.
  AM4 Coñecemento da historia da Enxeñaría da Auga e capacitación para analizar e valorar as obras públicas en particular e a construción en xeral.
  AM5 Coñecemento das actividades que se poden realizar no ámbito da Enxeñaría da Auga.
  AM6 Aplicación das capacidades técnicas e xestoras en actividades de I+D+i dentro do ámbito da Enxeñaría da Auga.
  AM7 Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan formularse no exercicio da profesión. En particular, coñecer, entender e utilizar a notación matemática, así como os conceptos básicos da álxebra, as propiedades das cónicas e cuádricas, o cálculo infinitesimal, os métodos analíticos que permiten a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias e en derivadas parciais, a xeometría diferencial clásica e a teoría de campos para a súa aplicación na resolución de problemas de Enxeñaría da Auga.
  AM8 Coñecementos básicos sobre o uso dos ordenadores e a súa programación.
  AM9 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar os métodos construtivos que permiten resolver numericamente os problemas matemáticos máis frecuentes na enxeñaría (ensamblaxe e solución de sistemas de ecuacións, integración numérica, interpolación e aproximación, etc.) desde a formulación do problema ata a implementación da formulación nun programa de ordenador. En particular, capacidade para formular, programar e aplicar modelos numéricos avanzados de cálculo, así como capacidade para a interpretación dos resultados obtidos no contexto da enxeñaría civil, a mecánica computacional e/ou a enxeñaría matemática, entre outros.
  AM10 Comprensión da aleatoriedade da maioría dos fenómenos físicos, sociais e económicos, que permite actuar de forma correcta na toma de decisións ante a presenza de incerteza e efectuar análises e crítica racional de actuacións.
  AM11 Coñecemento sobre os aspectos básicos, métodos e técnicas da Intelixencia Artificial e os procesos de construción dos Sistemas Intelixentes no contexto das súas aplicacións na resolución de problemas do ámbito estrito da Enxeñaría da Auga.
  AM12 Capacidade para resolver os problemas físicos básicos de Enxeñaría da Auga, e coñecemento teórico e práctico das propiedades físicas, químicas, mecánicas e tecnolóxicas dos materiais de construción máis utilizados en construción.
  AM13 Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais do movemento mecánico e do equilibrio dos corpos materiais, e capacidade para a súa aplicación na resolución de problemas de Mecánica Racional en ámbitos propios da enxeñaría como son a Mecánica dos Medios Continuos, a Mecánica de Fluídos, etc.
  AM14 Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas para plasmala no plano. Coñecemento das técnicas de trazado de obras lineais e de plataformas e capacidade para aplicar os coñecementos do Debuxo Técnico á croquización e cubicación de pezas propias das obras públicas.
  AM15 Coñecemento das técnicas topográficas, fotogramétricas, cartográficas e xeodésicas para a representación de elementos, feitos e fenómenos observables sobre o territorio, e capacidade para obter medicións, formar planos, elaborar mapas e facer análises xeoespaciais, así como levar ao terreo xeometrías definidas, establecer trazados e controlar movementos de estruturas ou obras de terra.
  AM16 Capacidade para coñecer, comprender e aplicar os métodos que as Xeometrías Métrica e Descritiva proporcionan para a resolución de problemas xeométricos e de intersección de superficies por métodos gráficos.
  AM17 Coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos empregados nas técnicas de Deseño Asistido, Visualización Avanzada e Animación por computador, así como a súa aplicación práctica en problemas de Enxeñaría da Auga mediante o uso de programas de CAD.
  AM18 Coñecementos de Xeología e Xeotecnia e a súa aplicación nas análises de problemas relacionados co proxecto, construción, mantemento e explotación de todo tipo de estruturas e obras relacionadas coa Enxeñaría da Auga.
  AM19 Coñecemento e valoración da construción das obras hidráulicas históricas aplicación de criterios adecuados para a intervención no Patrimonio Histórico da Obra Pública Hidráulica.
  AM20 Capacidade para aplicar a mecánica dos fluídos e as ecuacións fundamentais do fluxo en cálculo de conducións a presión e en lámina libre.
  AM21 Capacidade para aplicar os coñecementos hidrolóxicos e os fundamentos de Mecánica de Fluídos nos métodos de cálculo sobre Hidroloxía, tanto de superficie como subterránea. Capacidade para realizar a avaliación dos recursos hidráulicos e aplicar as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica e para a regulación e laminación das achegas hídricas. Capacidade para analizar a hidráulica fluvial e aplicar os coñecementos adquiridos na restauración de cauces e demais actuacións sobre ríos e os seus contornos.
  AM22 Coñecemento de conceptos básicos de ecoloxía aplicados á Enxeñaría da Auga. Capacidade para actuar de forma respectuosa e enriquecedora sobre o medio ambiente contribuíndo ao desenvolvemento sostible. Capacidade de análise da calidade ecolóxica da auga. Coñecemento dos principios básicos da ecoloxía e comprensión do funcionamento dos sistemas acuáticos continentais.
  AM23 Capacidade para analizar os mecanismos de funcionamento da economía e xestión pública e privada da auga.
  AM24 Coñecemento da lexislación da auga vixente en España e no estranxeiro, así como da súa evolución histórica.
  AM25 Coñecemento dos diferentes instrumentos xurídicos que compoñen o ordenamento normativo sobre as augas continentais e saber localizar e identificar os distintos tipos de normas. Coñecemento do funcionamento das institucións, públicas e privadas, implicadas nas funcións de protección, xestión e aproveitamentos hidrolóxicos.
  AM26 Coñecemento das diferentes técnicas xurídicas de protección dos recursos hidrolóxicos e da súa calidade ambiental así como a súa aplicación na práctica. Coñecemento das peculiaridades xurídicas dos diversos tipos de aproveitamentos hidrolóxicos.
  AM27 Coñecemento dos fundamentos sobre a avaliación dos recursos hidráulicos e as principais ferramentas para a planificación hidrolóxica, a partires das xustificacións teóricas e as aplicacións prácticas que conducen á resolución de problemas específicos e a utilización de metodoloxías actualizadas (programas e modelos) para a avaliación da explotación, os usos, a defensa, a xestión e a planificación conxunta das augas subterráneas e superficiais. Coñecemento dos planos hidrolóxicos nacionais.
  AM28 Capacidade para xestionar a auga como recurso para abastecemento doméstico, industrial, agrícola, enerxético, lecer e en xeral para calquera outro uso. Capacidade para adaptar a dispoñibilidade do recurso á demanda, dimensionar e xestionar embalses e presas.
  AM29 Coñecementos teórico- prácticos relacionados cos usos agrícolas e industriais da auga. Capacidade para utilizar as ferramentas necesarias para o estudo e o deseño de instalacións de riego e comprensión das características intrínsecas de cada un dos sistemas de riego. Capacidade para calcular e deseñar sistemas de regadío. Capacidade para xestionar o uso agrícola e industrial da auga.
  AM30 Coñecementos sobre usos industriais da auga especialmente dentro dos ámbitos da enerxía hidroeléctrica e da acuicultura continental.
  AM31 Capacidade para analizar e xestionar situacións extremas de sequía.
  AM32 Capacidade para calcular e xestionar avenidas extremas.
  AM33 Coñecementos de sistemas de información xeográfica (SIG) aplicados á xestión de recursos hídricos. Coñecemento das funcionalidades básicas de sistemas para as análises dos datos xeográficos, mediante a utilización de ferramentas SIG de apoio na xestión e a análise de datos sobre recursos hídricos. Coñecemento das características dos datos xeoespaciais e nos procesos para a súa adquisición, almacenamento, tratamento, análises, modelado e presentación.
  AM34 Comprensión dos fundamentos da dinámica de fluídos computacional (CFD). Capacidade de elaborar códigos que resolvan o fluxo incompresible tanto en superficie libre como en medio poroso.
  AM35 Coñecemento de modelos numéricos aplicados á enxeñaría hidráulica. Capacidade para utilizar e analizar os resultados dun modelo hidráulico. Capacidade de deseñar, desenvolver e analizar os esquemas numéricos utilizados nun modelo hidráulico.
  AM36 Coñecemento especializado dos modelos numéricos en enxeñaría hidráulica. Capacidade de modelización de fluxo turbulento en lámina libre, transporte de sedimentos, transporte de solutos e transporte de reactivos.
  AM37 Coñecemento e capacidade para manexar os programas comerciais máis utilizados e aceptados nos ámbitos relacionados coa enxeñaría hidráulica e sanitaria. Coñecemento do preproceso, execución e post-proceso dos modelos comerciais. Capacidade de análises de resultados e sensibilidade de parámetros.
  AM38 Capacidade para utilizar modelos numéricos comerciais de fluxo en lámina libre, fluxo en presión, drenaxes, cálculo hidrolóxico de avenidas, transporte de sedimentos en ríos e zonas costeiras, transporte de contaminantes e propagación de oleaxe.
  AM39 Coñecemento das técnicas experimentais aplicadas á enxeñaría da auga. Capacidade para deseñar un experimento. Capacidade para desenvolver modelos reducidos en laboratorio. Capacidade para utilizar distintos tipos de instrumentación experimental incluíndo caudalímetros, sondas de calado, velocímetros tridimensionais, limnometros, molinetes.
  AM40 Coñecemento e comprensión do deseño e construción de modelos a escala de estruturas hidráulicas. Comprensión das diferentes técnicas existentes de medicións de condicións físicas (presión, temperatura, velocidade, etc.) dentro do campo da hidráulica. Coñecemento de sistemas informáticos e electrónicos de control e adquisición de datos en hidráulica (monitorización e control dunha cuenca fluvial, circuíto hidráulico, etc.).
  AM41 Coñecemento dos conceptos básicos da hidroloxía descritiva e o concepto auga como recursos imprescindibles para o desenvolvemento sostible da sociedade. Comprensión dos diferentes mecanismos de transformación e fluxo da auga nunha unidade espacial determinada e a súa estimación a partires dos diferentes modelos existentes.
  AM42 Coñecemento dos conceptos básicos da hidráulica de tubería e de canais e dos conceptos vinculados á Hidroloxía cuantitativa. Capacidade para calcular redes de tuberías e canais, así como realizar transformacións de choiva-escorrentía, cálculo de caudais de avenida e medidas de aforos.
  AM43 Visión xeral e equilibrada dos aspectos básicos e aplicados da Hidroloxía Subterránea desde as necesidades propias da enxeñaría civil. Capacidade de proxectar e interpretar os distintos ensaios hidráulicos de caracterización hidrodinámica do medio, interpretar mapas hidroxeolóxicos e coñecer aspectos construtivos das captacións.
  AM44 Comprensión das bases da química da auga, que condiciona totalmente o seu comportamento no medio natural e os seus usos. Coñecemento e comprensión das diferentes normativas de calidade de augas tanto a nivel autonómico, nacional e europeo.
  AM45 Visión global do que é un sistema de abastecemento a través dos distintos elementos que o compoñen, á vez que os coñecementos necesarios para o seu dimensionamento básico e dos aspectos tecnolóxicos relacionados coa súa xestión e implantación construtiva.
  AM46 Capacidade de deseño e proxecto de solucións de saneamento, drenaxe e xestión avanzada de augas residuais nas aglomeracións urbanas. Coñecemento de procesos de depuración de augas residuais urbanas e estratexias de xestión de augas residuais en tempo de choiva.
  AM47 Capacidade de realizar un aproveitamento integral e eficiente do recurso hídrico. Coñecemento do funcionamento dos organismos de cuenca e análises xerais dos proxectos de enxeñaría da auga no ámbito da cooperación ao desenvolvemento e a axuda humanitaria.
  AM48 Coñecemento de tratamentos avanzados da auga con diferentes fins: depuración, reutilización, potabilización, eliminación de nutrientes e tratamentos de rexeneración.
  AM49 Destreza no manexo de equipos de medición de campo e laboratorio. Coñecemento das metodoloxías para o control de procesos e a determinación de parámetros de deseño de procesos de tratamento de augas.
  AM50 Capacidade de elaboración dun estudo de impacto ambiental. Coñecemento dos principais impactos xerados polas obras hidráulicas e sanitarias máis comúns e de maior interese.
  AM51 Coñecemento dos modelos de calidade de augas. Capacidade de analizar e propoñer solucións a problemas de xestión da calidade da auga.
  AM52 Capacidade para planificar, proxectar, dimensionar, dirixir a construción e a explotación de conducións hidráulicas, presas, aproveitamentos hidroeléctricos, sistemas de regulación de ríos, regadíos, obras fluviais e outras obras hidráulicas e hidrolóxicas.
  AM53 Coñecemento das leis xerais do electromagnetismo como base fundamental para a comprensión de calquera tipo de máquina eléctrica, así como das instalacións eléctricas. Coñecemento dos conceptos básicos da teoría de circuítos eléctricos e comprensión dos distintos tipos de circuítos en corrente continua, corrente alterna monofásica e trifásica, que permiten analizar calquera tipo de rede eléctrica.
  AM54 Coñecemento do funcionamento do circuíto magnético para comprender a unión entre a teoría de circuítos eléctricos e as máquinas eléctricas, así como dos principios xerais das máquinas eléctricas: estáticas (transformador) e dinámicas (máquinas síncronas, asíncronas e de corrente continua).
  AM55 Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, reparto e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento fundamental da xeración de enerxía eléctrica en España e do mercado eléctrico español.
  AM56 Capacidade para proxectar e dirixir a construción e explotación de centrais de produción de enerxía eléctrica eólicas, mareomotrices (tanto de mareas como de oleaxe), xeotérmicas, etc.
  AM57 Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar tecnoloxías para resolver problemas relacionados cos residuos sólidos urbanos, a contaminación atmosférica, sonora e da auga.
  AM58 Capacidade para deseñar e xestionar o abastecemento e saneamento dunha poboación, incluíndo deseño e proxecto de solucións de saneamento, drenaxe e xestión avanzada de augas residuais na cidade. Coñecemento sobre procesos avanzados de depuración para a eliminación de nutrientes e de estratexias de xestión de augas tempo de choiva.
  AM59 Coñecemento e comprensión do funcionamento dos ecosistemas e os factores ambientais co fin de inventariar o medio, aplicando metodoloxías de valoración de impactos para o seu emprego en estudos e avaliacións de Impacto Ambiental.
  AM60 Coñecementos e capacidades que permiten comprender os fenómenos dinámicos do medio océano-atmósfera-costa e ser capaz de dar respostas aos problemas que presentan o litoral, os portos e as costas, incluíndo o impacto das actuacións sobre o litoral, así como o seu impacto no medio, especialmente na ribeira do mar.
  AM61 Capacidade para o deseño e urbanización do espazo público urbano, en diversos aspectos tales como a distribución de auga, saneamento, xestión de residuos, etc.
  AM62 Capacidade para deseñar e proxectar unha obra de enxeñaría desde a comprensión do lugar e a análise da paisaxe que a caracteriza.
  AM63 Capacidade para analizar os mecanismos de funcionamento dunha economía, desde un punto de vista global, así como os problemas económicos da empresa e as diferentes formulacións existentes para a súa resolución, especialmente no ámbito da Economía da Construción como unha actividade económica dentro da Economía Xeral. Coñecementos básicos de contabilidade, organización a dotar á empresa, soporte legal, sistemas a ter en conta sobre empregados, produción e comercialización, seguimento do estado económico da empresa, estados e análises económicos, e particularización dos principios básicos da xeneralidade empresarial ao sector da construción.
  AM64 Coñecemento e comprensión dos diferentes estilos artísticos, en relación co contexto histórico, económico e social da súa época desenvolvendo a capacidade para apreciar e incluír condicionantes estéticos na obra civil hidráulica.
  AM65 Coñecemento instrumental oral e escrito da lingua inglesa na súa utilización técnica no ámbito da Enxeñaría da Auga.
  AM66 Capacidade de tomar decisións sostibles en calquera das súas facetas: social, medioambiental e económica.
TipoB Código  
  Mixto
  BM1 Aprender a aprender.
  BM2 Resolver problemas de forma efectiva.
  BM3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  BM4 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  BM5 Traballar de forma colaborativa.
  BM6 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  BM7 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
  BM8 Reciclaxe continuo de coñecementos nunha perspectiva xeralista no ámbito global de actuación da Enxeñaría da Auga.
  BM9 Comprender a importancia da innovación na profesión.
  BM10 Aproveitamento e incorporación das novas tecnoloxías.
  BM11 Entender e aplicar o marco legal da disciplina.
  BM12 Comprensión da necesidade de actuar de forma enriquecedora sobre o medio ambiente contribuíndo ao desenvolvemento sostible.
  BM13 Compresión da necesidade de analizar a historia para entender o presente.
  BM14 Apreciación da diversidade.
  BM15 Facilidade para a integración en equipos multidisciplinares.
  BM16 Capacidade para organizar e planificar.
  BM17 Capacidade para dirixir e xestionar equipos de persoas e grupos de empresas.
  BM18 Habilidade para a xestión da información.
  BM19 Capacidade de análise, síntese e estruturación da información e as ideas.
  BM20 Claridade na formulación de hipóteses.
  BM21 Capacidade de abstracción.
  BM22 Capacidade de traballo persoal, organizado e planificado.
  BM23 Capacidade de autoaprendizaxe mediante a inquietude por buscar e adquirir novos coñecementos, potenciando o uso das novas tecnoloxías da información.
  BM24 Capacidade de enfrontarse a situacións novas.
  BM25 Habilidades comunicativas e claridade de exposición oral e escrita.
  BM26 Capacidade para aumentar a calidade no deseño gráfico das presentacións de traballos.
  BM27 Capacidade para aplicar coñecementos básicos na aprendizaxe de coñecementos tecnolóxicos e na súa posta en práctica.
  BM28 Capacidade de realizar probas, ensaios e experimentos, analizando, sintetizando e interpretando os resultados.
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes