Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Civil Engineering
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación en Enxeñaría Civil (2013)
 Subjects
  Optimización e Análise de Estruturas
   Contents
Topic Sub-topic
1. Deseño óptimo de estruturas.
2. Optimización de pontes lanzadas.
3. Aerolasticidade en pontes.
4. Optimización de pontes con condicións aeroelásticas.
5. Optimización e análise probabilística de pontes de gran van.
Describiranse as metodoloxías de deseño óptimo de estruturas e a súa aplicación a distintos problemas de enxeñaría de estruturas. Un campo importante de aplicación destas técnicas é a optimización de pontes lanzadas. Deste procedemento de construción de pontes mostrarase polo miúdo todo o proceso e informarase de como levar a cabo tanto a optimización do pico de lanzamento, que é un dispositivo importante no proceso de construción, como da propia sección transversal da ponte, cando está deseñada con formigón pretensado.
Describiranse os fenómenos aeroelásticos e as inestabilidades a que dan lugar tanto en fluxo laminar como en turbulento.
Estudiarase a metodoloxía experimental para obter a resposta da ponte, que está baseada en ensaios de modelos a escala destas construcións en túneles de vento de capa límite. Tamén se revisarán os métodos totalmente computacionais, baseados en mecánica de fluidos computacional (CFD). Asimesmo describiranse os métodos híbridos, que contan cunha combinación das metodoloxías anteriores, porque comparten unha parte experimental con outra computacional.
Finalmente mostrarase a aplicación das técnicas de análise de sensibilidade e de deseño óptimo de estruturas nos estudos aeroelásticos de pontes de gran van.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes