Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Cálculo avanzado en enxeñería
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cálculo avanzado en enxeñería Código 632514001
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Colominas Ezponda, Ignasi
Correo electrónico
ignacio.colominas@udc.es
Profesorado
Colominas Ezponda, Ignasi
Couceiro Aguiar, Iván
París López, José
Correo electrónico
ignacio.colominas@udc.es
ivan.couceiro.aguiar@udc.es
jose.paris@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp511/index.html
Descrición xeral Ver páxina web da asignatura http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp511/index.html
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións dos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Publicación de boletíns de prácticas ao principio de cada tema para que resolvan os alumnos na páxina web da asignatura e en Moodle. - Publicación das solucións dos boletíns de prácticas ó finalizar cada tema da asignatura. - Probas de seguimento das clases realizadas. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesión maxistrais e a resolución de prácticas e exercicios presenciais serán substituídas por sesións virtuais na plataforma Teams (ou a que se considere adecuada para garantir o acceso con calidade a tódolos estudantes). A documentación e contido das clases será previamente posta a disposición dos estudantes no formato adecuado, e na plataforma Moodle por defecto (utilizarase tamén a páxina web da asignatura como apoio ou o método que sexa necesario para garantir a difusión dos recursos a todo o estudantado). Os contidos serán explicados nas sesións virtuais utilizando o soporte gráfico previamente publicado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Estableceranse titorías individuais online, na plataforma Teams, e tamén telefónicas e mediante o uso do correo electrónico. Teams -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase). Correo electrónico -> En calquera momento. Teléfono -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase). 4. Modificacións na avaliación. No caso de non poder realizarse a docencia de xeito presencial durante un período prolongado de tempo o sistema de avaliación terá en conta esta circunstancia. A cualificación da asignatura repartirase segundo: - 90% mediante proba obxectiva a realizar baixo as condicións descritas no apartado de Observacións de avaliación. - 10% mediante probas de corta duración propostas aos estudantes ao longo do curso. *Observacións de avaliación: Os exames realizados de xeito telemático consistirán en probas individuais e manuscritas a realizar polo estudante segundo o calendario de exames oficiais presentado. Para a realización da proba non se poderán utilizar apuntes, libros, táboas, formularios, nin ningún tipo de medio informático como calculadora ou ordenador. Os estudantes escribirán ó comezo de cada folla do exame que vaian realizar, como mostra de lealtade e responsabilidade, a seguinte declaración: “Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización de este exame de asignatura.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora. Os detalles acerca do horario e instrucións para a realización do exame publicaránse coa suficiente antelación. O exame será publicado nos medios de información habituais da asignatura de acordo co horario establecido (páxina web, Moodle, etc.). O estudante consultará o enunciado e respostará ás preguntas en follas en branco que leven como encabezamento a declaración arriba indicada. Unha vez rematado o exame de xeito telemático os profesores poderán contactar con calquera alumno e pedirlle que lles explique un ou varios apartados do mesmo para corroborar a autoría e que non se usaron métodos fraudulentos. O estudante gardará obrigatoriamente os manuscritos orixinais e entregarallos ao profesor posteriormente cando a situación o permita. Se de xeito excepcional algún alumno tén un motivo xustificado polo que non poida facer o exame no día e hora establecidos establecerase outro exame en outra data. En todos os casos garantirase a proporcionalidade do exame tendo en conta a excepcionalidade da situación. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes