Ver páxina web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp521/index.html
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se producen modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Publicación de boletíns de prácticas ao principio de cada tema para que resolvan os alumnos.
- Publicación das solucións dos boletíns de prácticas ó finalizar cada tema da asignatura
- Traballo de curso (obrigatorio e avaliable para a asignatura)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Publicación de todo o material docente que se explicaría na clase presencial en formato dixital convenientemente adaptado e desenvolvido para a docencia non presencial
- Realización de clases non presenciais a través de Teams apoiados no material específico indicado no punto anterior.
- Realización de clases non presenciais para resolución de exercicios dos boletíns de prácticas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase)
Correo electrónico -> En calquera momento
Teléfono -> En calquera momento en horario laboral previa cita (excepto en horas de clase)
4. Modificacións na avaliación
No caso de non poder realizarse a docencia de xeito presencial durante un período prolongado de tempo o sistema de avaliación aplicable será o seguinte:
- Proba obxectiva -> 100%. Será unha proba obxectiva de tipo exame a realizar na data establecida no calendario oficial de exames. (ver observacións)
- Traballo de curso -> 10% (Adicional). Será un traballo sobre a resolución dun problema de enxeñería mediante métodos numéricos e a súa implementación nun programa de ordenador en linguaxe Fortran
- Probas de seguemento e asistencia a clase -> 5 % (Adicional). Probas de duración curta realizadas durante as clases sen previo aviso.
*Observacións de avaliación:
Os exames realizados de xeito telemático consistirán en probas individuais e manuscritas a realizar polo estudante segundo o calendario de exames oficiais presentado. Para a realización do exame os estudantes poderán utilizar unha calculadora científica básica.
Os estudantes escribirán ó comezo de cada folla do exame que vaian realizar, como mostra de lealtade e responsabilidade, a seguinte declaración:
“Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización de este exame de asignatura.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora.
Os detalles acerca do horario e instruccións para a realización do exame publicaranse coa suficiente antelación.
O exame será publicado nos medios de información habituais da asignatura de acordo co horario establecido (páxina web, Moodle, etc.). O estudante consultará o enunciado e respostará ás preguntas en follas en branco que leven como encabezamento a declaración arriba indicada.
Unha vez rematado o exame de xeito telemático os profesores poderán contactar con calquera alumno e pedirlle que lle explique un ou varios apartados do mesmo. O estudante gardará obrigatoriamente os manuscritos orixinais e entregarallos ao profesor posteriormente cando a situación o permita.
Se de xeito excepcional algún alumno tén un problema xustificado polo que non poida facer o exame no día e hora establecidos establecerase outra data para realizar outro exame.
En todos os casos garantirase a proporcionalidade do exame tendo en conta a excepcionalidade da situación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías