Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Civil
Coordinación
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
xacobe.paz@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Orro Arcay, Alfonso
Paz Salgado, Xacobe
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
alfonso.orro@udc.es
xacobe.paz@udc.es
Web
Descrición xeral
A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán.
En enxeñaría do transporte preténdese dotar ao alumnado dos coñecementos e habilidades suficientes para:
- Coñecer as características básicas da xestión e a explotación dos servizos de transporte urbano e interurbano de viaxeiros e mercadorías, incluíndo conexión co modo marítimo e aéreo.
- Realización de estudos básicos de planificación de transportes que supoñan o uso de ferramentas de análises de demanda na súa forma estándar, mediante o uso de ferramentas informáticas dispoñibles comercialmente, con capacidade para valorar as hipóteses subxacentes e seleccionar estratexias de análises
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Os contidos non experimentarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías que tivesen lugar antes de entrar en situación de confinamento ou corentena.
Mantéñense os traballos, prácticas e resto de metodoloxías docentes. No caso de traballos e prácticas a súa entrega farase a través de Moodle, mediante a opción "tarefa", da mesma forma que se adoita realizar cando a docencia é presencial. As probas de resposta múltiple, no seu caso, realizaranse tamén mediante Moodle.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais e de solución de problemas pasan á modalidade non presencial, mediante as ferramentas de Teams e Moodle. Os traballos e prácticas supervisaranse de maneira non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams: 3 horas/semana
Correo electrónico: De forma continuada.
Ofrécese ao alumnado a posibilidade de realizar titorías personalizadas en Teams, á demanda, solicitanto a titoría por correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
Os pesos de cada unha das actividades de avaliación mantéñense.
No caso de que non sexa posible realizar unha avaliación presencial, pasarase a unha modalidade non presencial. Dentro desta modalidade non presencial poderanse realizar exames orais, exames con probas de resposta múltiple a través de Moodle, exames con probas de resposta curta, ou exames de contidos prácticos mediante tarefas en Moodle.
*Observacións de avaliación:
Salvo que se diten por parte da UDC outras normas de obrigado cumprimento as condicións serán as especificadas na guía docente coas modificacións especificadas no parágrafo anterior.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se propoñen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías