Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Mecánica computacional
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Mecánica computacional Código 632514010
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Nogueira Garea, Xesus Anton
Correo electrónico
xesus.nogueira@udc.es
Profesorado
Couceiro Aguiar, Iván
Nogueira Garea, Xesus Anton
Ramírez Palacios, Luis
Correo electrónico
ivan.couceiro.aguiar@udc.es
xesus.nogueira@udc.es
luis.ramirez@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp611
Descrición xeral Ver página web de la asignatura: http://caminos.udc.es/info/asignaturas/master_iccp/miccp611
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se prevén modificacións dos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Manterase a mesma metodoloxía docente agás as sesións maxistrais e de resolución de problemas presenciais *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais serán substituídas por titorías grupais online. A documentación será posta previamente a disposición dos alumnos en formato pdf na plataforma Moodle para a súa lectura previa a cada sesión online, mantendo o horario das clases presenciais. Nestas sesións, primeiramente resolveranse as dúbidas que cada estudiante pode ter tras a lectura dos documentos facilitados. A continuación, comentaránse os aspectos que non quedaran claros, explicaranse os conceptos máis importantes, e resolveranse casos prácticos propostos na plataforma Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Estableceranse titorías individuais online, na plataforma Teams, e tamén telefónicas e mediante o uso do correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Proba obxectiva de tipo exame, a realizar na data establecida no calendario oficial de exames. (ver observacións). Realizarase unha proba de avaliación online, cun valor do 80% da nota final. O 20% restante obterase a partir de traballos que terán que facerse individualmente e defender oralmente en videoconferencia. *Observacións de avaliación: Cada exercicio do exame será posto á disposición dos alumnos na plataforma Moodle, que deberá resolverse de xeito individual e sen utilizar os apuntes. Unha vez rematado o tempo do exercicio, cada alumno deberá escanear ou facer unha fotografía do exercicio e remitilo utilizando a plataforma Moodle. Unha vez rematado o exercicio, o seguinte exercicio será posto a disposición dos alumnos na plataforma Moodle. Antes do comezo do exame, o alumno deberá asinar a seguinte declaración de ter cumprido coas normas establecidas. “Eu, nome apelido1 apelido2 con DNI: XXXXXXXX-X declaro pola miña honra que non utilizarei medios nin métodos fraudulentos para a realización do exame de Mecánica Computacional do segundo curso do Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos.” E asinarán ao lado indicando tamén a data e a hora. Algúns alumnos poden ser convocados, posteriormente á realización do exame, a unha sesión de Teams, que será gravada, para explicar o realizado no exercicio. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes