Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Explotación de sistemas de transporte
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Explotación de sistemas de transporte Código 632514042
Titulación
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Civil
Coordinación
Novales Ordax, Margarita
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
Profesorado
Novales Ordax, Margarita
Orro Arcay, Alfonso
Correo electrónico
margarita.novales@udc.es
alfonso.orro@udc.es
Web
Descrición xeral A guía docente desta materia está dispoñible tanto en galego como en castelán. En caso de discrepancias entre ambas as versións terase en conta o establecido na versión en castelán. Nesta materia adquiriranse coñecementos detallados en relación cos seguintes aspectos: - Sistemas de transporte - Operación de sistemas de transporte: deseño de horarios, mallas de circulación, capacidade de sistemas de transporte público, tarificación e sistemas de información - Explotación de ferrocarrís: material móbil ferroviario; tracción, adherencia e freado; sistemas de explotación
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non experimentarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías que tivesen lugar antes de entrar en situación de confinamento ou corentena. Mantéñense os traballos, prácticas e resto de metodoloxías docentes. No caso de traballos e prácticas a súa entrega farase a través de Moodle, mediante a opción "tarefa", da mesma forma que se adoita realizar cando a docencia é presencial. As probas de resposta múltiple realizaranse tamén mediante Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e de solución de problemas pasan á modalidade non presencial, mediante as ferramentas de Teams e Moodle. Os traballos, prácticas e estudos de casos se supervisan de xeito non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 3 horas/semana Correo electrónico: De forma continuada. Ofrécese ao alumnado a posibilidade de realizar titorías personalizadas en Teams, á demanda, solicitando a titoría por correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación Non se produce ningunha modificación no sistema de avaliación. Os pesos de cada unha das actividades de avaliación mantéñense. Todas as actividades de avaliación se realizarán a través da plataforma Moodle. *Observacións de avaliación: A avaliación non se modifica substancialmente respecto a proposta ao inicio do curso ao estudantado. Non están previstas probas de ensaio. As prácticas que estaban previstas no formato de obradoiro pasan a ser de resolución individual co apoio do profesorado por medios online. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se propoñen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes