Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría da Auga (plan 2012)
 Asignaturas
  Sistemas de abastecemento e saneamento
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases nas que se expoñen os principais contidos teóricos da materia.
Preséntanse tamén exemplos e casos reais.
Aprendizaxe colaborativa Afondamento nas metodoloxías de deseño de sistemas de abastecemento e saneamento aplicándoos nun caso práctico. O traballo dividirase en grupos e os resultados compartiranse co resto dos compañeiros.
Análise de fontes documentais Revisión individual de documentación como introdución a conceptos importantes ou como metodoloxía de revisión e afondamento. A comprensión e asimilación dos conceptos debe demostrarse nunha actividade de aprendizaxe colaborativa ou nunha proba obxectiva.
Presentación oral Presentación oral en clase apoyada nun póster ou conxunto de diapositivas preparados previamente. Non só avalíanse os contidos, senón tamén o material preparado e a capacidade comunicativa.
Solución de problemas Solución de problemas propostos en clase polos profesores para afianzar os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Deseño e dimensionamiento de compoñentes dos sistemas de abastecemento e saneamento utilizando software técnico.
Saídas de campo Visita a unha ETAP e/ou EDAR.
Visita a obras nun sistema de abastecemento de auga ou saneamento.
Proba obxectiva Tests de varias opcións ou verdadeiro/falso que serán respondidos individualmente ou en grupos.
Portafolios do alumno Documento que consiste na compilación das actividades realizadas durante toda a materia que debe presentarse ao final do semestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes