Teaching GuideTerm
Higher Technical University College of Civil Engineering
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Subjects
  Xestión Ambiental
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test Realizarase unha proba de coñecementos por escrito.
Ao alumno facilitaráselle un listado de preguntas de resposta curta que varrerán todos os temas impartidos en clase.
O día da proba seleccionaranse 12 preguntas e o alumno deberá contestar a 10 delas.
30
Supervised projects O alumno, xunto con algún compañeiro (permítese realizar o traballo en parellas), analizará, valorará, e desenvolverá unha crítica, de como se realizou a planificación nalgún sistema de explotación, ou conca de río, que se terá seleccionado de calquera demarcación hidrolóxica de España.

O material básico que utilizará en alumno serán os Plans Hidrolóxicos das Demarcacións, así como a normativa de planificación. Os alumnos deberán completar a información do PH con aquela que se considerei importante para comprender e transmitir singularidades ou aspectos salientables da conca na que traballan.

O traballo presentarase en clase ante os compañeiros e profesores.

A avaliación do traballo realizarase atendendo aos seguintes aspectos:
a) Cumprimento co avance do traballo nas datas obxectivo.
b) Recompilación de información complementaria.
c) Integración e síntese da información.
d) Dominio e coñecemento da problemática

e) Presentación final del trabajo.
40
Oral presentation O grupo de traballo realizará o seu traballo nun formato que poida utilizarse posteriormente para a presentación do traballo.
Valorarase a capacidade para destacar aqueles aspectos importantes e singularidades do río e territorio co que traballase.
Valorarase a utilización de gráficos ou diagramas que axuden a comprender mellor a problemáticas.
Valorarase o dominio de conceptos e o uso de xerga técnica específica.
10
Guest lecture / keynote speech Asistencia obrigatoria dun 80%. Os 2 puntos desta parte empezan a computar a partir do cumprimento do 80% de asistencia. 20
 
Assessment comments
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes