Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Cálculo infinitesimal I
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Cálculo infinitesimal I Código 632G02001
Titulación
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Coordinación
Fe Marques, Jaime
Correo electrónico
jaime.fe@udc.es
Profesorado
Fe Marques, Jaime
Nogueira Garea, Xesus Anton
Correo electrónico
jaime.fe@udc.es
xesus.nogueira@udc.es
Web http://caminos.udc.es/info/asignaturas/grado_tecic/102/CI/
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificación nos contidos. 2. Metodoloxías * Metodoloxías docentes que se manteñen * Metodoloxías docentes que se modifican - Os contidos da materia (de teoría e de prácticas) non impartidos presencialmente, facilitaranse semanalmente aos estudantes en formato dixital a través da páxina web habitual. - En datas anunciadas, teranse clases online, nas que se revisarán os puntos fundamentais da materia facilitada con antelación. - Como parte do material de cada tema publicaranse exercicios de autoavaliación de tipo similar ao dos exames, coa solución razoada en arquivo aparte para a autocorrección por parte dos estudantes. - Cada unha ou dúas semanas dedicarase un tempo, dentro do horario de clase, á realización de Exercicios de Control. - Periodicamente propoñeranse aos estudantes Exercicios Voluntarios para a súa realización durante un tempo limitado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Moodle: Semanalmente enviarase unha comunicación con aclaracións sobre a docencia e plan de traballo, así como avisos de exercicios propostos ou de material posto a disposición na web da materia. Teams: - Organizaranse, con frecuencia semanal ou quincenal, sesións grupais de resolución de dúbidas. - Pódense facer consultas individuais en calquera momento e respóndense habitualmente no día. Pode usarse tamén para isto o correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación No caso de interrupción das clases presenciais e de realización online do Exame Final procederase da maneira seguinte: - O Exame Final terá un peso do 70% da nota final, en lugar do 80% habitual. - Os Exercicios de Control completaranse durante o período non presencial. Terán un peso do 30% da nota final, en lugar do 20% habitual. - Os Exercicios Voluntarios completaranse durante o período non presencial. Terán un valor de 6 puntos sobre un total de 100, en lugar dos 5 habituais. Observacións de avaliación: Tanto na primeira como na segunda oportunidade pódese superar a materia dun dos modos seguintes: a) Obtendo 50 ou máis como suma da nota do Exame Final (sobre 70) máis a nota dos Exercicios de Control (sobre 30) e a nota dos Exercicios Voluntarios (sobre 5). b) Obtendo unha nota de 35 sobre 70 no Exame Final. Neste caso non se teñen en conta os Exercicios Voluntarios. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía. Todo o material escrito necesario para o estudo da materia está dispoñible desde principio de curso na web da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes