Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Física aplicada II
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Física aplicada II Código 632G02005
Titulación
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Fernandez Garrido, Simon
Correo electrónico
simon.fgarrido@udc.es
Profesorado
Fernandez Garrido, Simon
Galan Díaz, Juan José
Correo electrónico
simon.fgarrido@udc.es
juan.jose.galan@udc.es
Web http://https://campusvirtual.udc.gal/login/index.php
Descrición xeral O obxectivo fundamental desta materia é dar ao estudante unha presentación clara e lóxica dos conceptos básicos e dos principios da Física, e fortalecer a comprensión de devanditos conceptos e principios a través dunha ampla gama de interesantes aplicacións ao mundo real. Para alcanzar dun modo completo este obxectivo, o alumno deberá ter xa adquirida a súa formación na materia impartida en Física Aplicada I.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En esencia, os contidos non se modifican. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías empregadas durante a docencia presencial mantéñense, aínda que adaptadas ás características da docencia non presencial (véxase apartado seguinte). *Metodoloxías docentes que se modifican As clases maxistrais son en formato de audioconferencia vía Teams. O alumno recibe previamente os contidos en formato .pdf a través de Moodle. Nas clases de problemas, o alumno conta xa coa solución dos mesmos, enviada a través de Moodle, para facilitar a toma de notas durante a corrección conxunta por Teams. En calquera caso, as audioconferencias son abertas de xeito que os alumnos poden facer as preguntas que desexen en medio das mesmas. As sesións por Teams grávanse, quedando á disposición dos alumnos para repaso, ou por se non puideron asistir de forma síncrona 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico (dúbidas curtas), Foro de Moodle (dúbidas curtas), Teams (tutorías e revisión de exames). Os dous primeiros consultaránse regularmente de luns a venres e excepcionalmente en fin de semana. A atención vía Teams requerirá de previa cita acordada por correo electrónico / Moodle. 4. Modificacións na avaliación No caso de que a presencialidade non fose posible, seguiranse as recomendación da UDC do final do curso 2019/20. Polo tanto, a evaluación repartiráse do seguinte xeito: a) 60% evaluación continua Consistirá na realización dun traballo novedoso que implique a participación activa do alumnado e que poida substituir ás competencias que se obteñen nas prácticas. Ademáis, faránse pequenas probas (exercicios, cuestionarios, etc. vía Moodle) e/ou propondranse resolucións de problemas a modo de tarefa de Moodle. b) 40% proba síncrona Na data oficial adxudicada para exame faráse unha proba vía Moodle e controlada por Teams. Consistirá en responder a preguntas cortas e/ou cuestionarios e en entregar un ou máis pequenos exercicios resoltos en tempo real. *Observacións de avaliación: O reparto exacto da puntuación acordarase cos alumnos segundo o momento do curso no que teña que aplicarse o plan de continxencia. En todo caso, o alumno deberá acadar un 2 sobre 4 na proba síncrona para poder aprobar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se modifican. En todo caso o profesor tratará de enviar aos alumnos material complementario, se fose necesario.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes