Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Resistencia de materiais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A13 A14 A16 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A materia divídese a efectos de avaliación en 1º cuadrimestre e 2º cuadrimestre.
En xaneiro haberá un exame do 1º cuadrimestre.
Nos exames finais haberá dúas partes, correspondentes a cada un dos cuadrimestres.
Para poder superar a materia a cualificación mínima en cada parte (cuadrimestre) da proba obxectiva será de 20 puntos sobre 50.
90
Proba oral A13 A14 A16 B10 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B18 C1 C2 C3 C6 Ao longo do 1º cuadrimestre realizaranse dúas entrevistas individuais e obrigatorias para avaliar os contidos teóricos impartidos ata ese momento, a 1ª ao remate do tema 2 e a 2ª ao remate do tema 6. A data e hora concretas comunicaranse por correo electrónico ou Campus Virtual. Se o estudante non se presenta a algunha das entrevistas ou a cualificación global é inferior a 50 puntos sobre 100, deberá realizar unha proba oral dos contidos teóricos impartidos ata o tema 7, que se levará a cabo na data dos exames ou outra previamente acordada. Para poder superar a materia a cualificación mínima da proba oral será de 40 puntos sobre 100. 10
 
Observacións avaliación

Antes da realización da 1ª proba oral proporanse dous exercicios prácticos do tema 2 a resolver de forma individual e optativa. A cualificación destes exercicios engadirase á nota global da materia (máximo 2.5 sobre 100).

Ao longo do 2º cuadrimestre realizaranse de dúas a catro probas prácticas individuais e optativas para avaliar os contidos impartidos ata ese momento do 2º cuadrimestre, a realizar en horas de clase. A cualificación destas probas sumarase á nota global da materia (máximo 10 sobre 100).

Para superar a materia, os estudantes deberán obter unha nota igual ou superior a 50 sobre 100, suma dos resultados de todas as probas.

Dentro do mesmo curso académico, os estudantes con nota igual ou superior a 40 sobre 100 nalgunha parte (cuadrimestre) da proba obxectiva poderán presentarse unicamente á outra parte.

Os estudantes que se presenten a unha parte nos exames finais perden a nota que puidesen ter desa parte de exames anteriores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes