Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  OGPO e Lexislación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A35 A36 B8 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 C1 C2 C3 C4 C5 C6 Para cada bloque, proporase unha proba mixta que poderá incluír unha parte práctica. Cada proba puntuarase de 0 a 10 e será necesario obter unha puntuación mínima de 5 en cada bloque para aprobar a materia, salvo no caso en que non se aprobasen as prácticas. A cualificación correspondente ás probas mixtas será a media aritmética das cualificacións obtidas, cun peso do 60% na nota total do curso.
Dentro do proceso de avaliación continua, no caso dos bloques 1 e 2 realizarase a proba en horas de clase e a do bloque 3 na convocatoria de exames finais de maio/xuño, onde igualmente poderá recuperarse a nota dos bloques 1 e 2. O exame final de xullo estará igualmente dividido nos 3 bloques, que deberán ser aprobados por separado.

60
Saídas de campo A35 A36 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 Proporase a realización dunha práctica adicional baseada nunha visita a obra que se realizará durante o curso, que será puntuada de 0 a 10, e terá a consideración de práctica de avaliación continua relativa ó bloque 2. Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario realizar a visita e obter unha puntuación mínima de 5, e esta cualificación terá un peso do 5% da nota total do curso.
5
Solución de problemas A35 A36 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B16 B17 B18 B19 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 En cada un dos bloques os profesores formularán distintos casos prácticos ou problemas que serán resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominaranse prácticas de avaliación continua.
Cada práctica será puntuada de 0 a 10. Para poder aprobar a materia por avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 5 nas prácticas relativas ós bloques 1 e 2. A cualificación correspondente ás prácticas de avaliación continua será a media aritmética de todas elas. Estas prácticas terán un peso do 35% da nota total do curso.
As prácticas serán realizadas de forma individual ou colectiva, segundo indique o profesor, durante as clases de solución de problemas ou fóra do horario de clase. Neste último caso, entregaranse mediante o envío dun correo electrónico aos profesores da materia antes da data límite que se estableza

35
 
Observacións avaliación

Para
aprobar a materia,  é necesario aprobar
por separado cada un dos tres bloques. Para aprobar por avaliación continua os
bloques 1 e 2, será necesario obter unha calificación mínima de 5 en todas as
prácticas de avaliación continua do bloque e igualmente na proba mixta de
avaliación continua.  En caso de non logralo,
o alumno deberá aprobar cada bloque no exame final de maio/xuño, ou
posteriormente no de xullo. En cada caso, deberá obter no exame unha calificación mínima
de 5, que será de 6 no caso dos bloques 1 e 2 se non se teñen aprobadas
previamente as prácticas de avaliación continua destes bloques. O bloque 3
aprobarase obtendo unha calificación mínima de 5 nun dos exames finais.

No
caso de que por razóns xustificadas un alumno non poida participar nunha
práctica de clase avaliable ou na visita de campo, os profesores determinarán
un exercicio que poida substituílo. Causas xustificadas serán as establecidas
no Artigo 12 das "Normas de avaliación, revisión e reclamación
das cualificacións dos estudos
de grao e mestrado universitario", aprobada polo
Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013 e modificada o 30
de abril de 2014. Igualmente, valoraranse alternativas en casos de estudantes
con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe e
apoio á diversidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes