Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil
 Asignaturas
  Enxeñaría Ambiental
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A14 A23 A24 A25 A31 A32 B15 B2 B3 B4 B5 B7 C1 Consistirá na contestación por parte do alumno de forma escrita dunha serie de preguntas con resposta curta que referentes aos temas traballados durante o curso. 75
Proba de resposta múltiple A4 A14 A23 A24 A25 A31 A32 B11 B2 B3 B4 Consistirá na contestación por parte do alumno de forma escrita dunha serie de preguntas de tipo test referentes aos temas traballados durante o curso. 25
 
Observacións avaliación

Dado que se trata dunha materia anual o curso e o contido da materia queda estruturado en dous bloques de coñecemento. No primeiro bloque impártense os temas 1, 8 ,9 ,10 ,11 ,12 e 13, e no segundo os restantes. O alumno debe aprobar cada bloque da materia. Non se fan medias nin unha parte compensa á outra. En xaneiro realízase unha proba de avaliación do primeiro bloque (que se pode considerar extraordinaria); esta proba permite liberar esta parte da materia. Nas convocatorias, ou oportunidades, ordinarias realízase unha avaliación independente de cada unha das partes. Aos alumnos gárdaselles" a parte aprobada ata o final do ano académico.

Os alumnos a tempo parcial serán avaliados coa metodoloxía anteriormente descrita.

Estes dous puntos obteranse a partir da suma dos obtidos en actividades que serán propostas polos profesores, tales como:


- Prácticas de resolución de problemas.


- Exposicións orais en clase dalgún tema específico.


- Visita a instalacións ou infraestruturas vinculadas á enxeñería ambiental.


- Asistencia ás clases expositivas (valorarase a partir dun mínimo de asistencia dun 75%).


O valor en puntos de cada actividade será fixado a criterio dos profesores en función da evolución do curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes