Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Metodoloxía da Investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Estas sesions servirán para levar á práctica os contidos da materia fundamentalmente a través do emprego do programa SPSS para a realización das diferentes técnicas estadísticas estudadas así como a través de outros recursos tecnolóxicos relacionados coa metodoloxía da investigación.
Traballos tutelados Os alumnos deberán desenvolver traballos e/ou pequenos proxectos de investigación ou parte destes.
Así mesmo poderase solicitar tamén ao estudante a exposición oral dalgún/s destes proxectos asi como borradores dos seus traballos de fin de Máster para ser debatidos co profesor e co resto dos seus compañeiros.
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que pode conter distintos tipos de preguntas: preguntas test e/ou de resposta breve e/ou de desenvolvemento.
Proba práctica Proba na que se valorará fundamentalmente o manexo das técnicas estatísticas máis adecuadas en cada caso, fundamentalmente a través do emprego do programa SPSS. Esta proba poderá ser realizada de forma conxunta coa proba teórica para poder avaliar conxuntamente a relización de varias fases do proceso de investigación.
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes.

Durante estas sesións tamén se poderá realizar unha docencia máis interactiva na que os alumnos resolverán tarefas propostas polo profesor, ben de forma individual ou en pequenos grupos, asistidos polo profesor e co fin de lograr unha mellor comprensión da materia.

Durante estas sesións, poderanse asignar lecturas relacionadas cos temas a desenvolver, para que os alumnos realicen de forma non presencial.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes