Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumno seleccionará, para realizar o seu traballo tutelado, unha das seguintes opcións temáticas:
1. Percepción, clasificación e experiencia emic da discapacidade, e os seus específicos condicionantes socioculturais . O proceso específico de conflito e negociación entrte especialistas e discapacitados.
2. Modelos, contestación e alternativas na construción sociocultural das categorías enfermidade/curación/saúde, ou discapacidade/tratamento/integración, e dos roles especialista/paciente ou especialista /discapacitado.
A metodoloxía consistirá nun pequeno estudo do tema elixido, desde a propia experiencia profesional, asistencial ou formativa do alumno, apoiada na descrición empírica dalgúns casos asociados a un dos temas antedichos, e desenvolvendo unha interpretación que teña en conta os procesos sociais e culturais que operan ao redor dese fenómeno de discapacidade. Debido ás características do curso, obxecto e obxectivo de estudo serán moi concretos, e o alcance da análise limitada.

Os alumnos semipresenciais recibirán información e tutelaxe ao redor da elaboración do traballo, ben por medios online (correo electrónico, noticias en Moodle), ben con ocasión dunha das dúas reunións presenciais ás que serán convocados durante o cuadrimestre.

En circunstancias de continxencia, para o seu traballo, o alumno poderá realizar con ferramentas online a sondaxe empírica de casos reais, ou ben substituílos polo bosquexo de deseño dunha sondaxe empírica baseado en entrevistas semiestructurada ou historia de vida.

En calquera circunstancia, o traballo será elaborado e entregado en documento dixital, en formato Word ou PDF, enviado como 'tarefa' en Moodle ou a través de correo electrónico. A entrega realizarase a fin de curso (decembro).
Proba obxectiva Consistirá na realización dun examen temático mediante cuestións con resposta breve, o día e hora marcados ó efecto pola organización do master, e cunha hora de duración máxima da proba.
En condicións de normalidade presencial, a realización deste examen será obrigatoria para o alumnado semipresencial e/ou para o alumnado que non asista ó menos a 2/3 das sesións maxistrais (en condicións presenciais).
En condicións de continxencia, estimaráse o cómputo de asistencia dos alunnos presenciais hasta o intre da non presencialidade, de xeito que a proba seguirá sen ser obrigatoria para aqueles que tivesen asistido ó menos a 2/3 das sesións presenciais efectivas ate dito intre, e continúen asistindo ás sesións maxistrais virtuais a través de Teams.
A proba obxectiva realizaráse presencialmente no día da convocatoria oficial.
Os materiais para a preparación da proba irán siendo proporcionados polo profesor, a medida que se imparten os temas do programa, en forma de resumes do impartido nas sesións maxistrais, enviados como documentos en Word ou en Power point a través da plataforma Moodle.
Sesión maxistral Presentación en clase polo profesor, apoiándose en esquemas poyectados en power-point, da materia de cada un do dez temas do programa. Aclaracións e diálogo sobre aspectos polémicos ou de especial interese da materia presentada.

En situación de continxencia, as sesións maxistrais impartiranse a través de conferencias na plataforma Teams, convocadas durante a franxa horaria asignada á materia no horario semanal, e acompañarase co envío ao alumnado, vía Moodle, do resumo do tema correspondente, á finalización da impartición virtual do mesmo.
Lecturas No caso dos alumnos presenciais, lectura, resumo, presentación en sesións semanais -cada unha asignada a 1-2 alumnos-, e debate aberto en clase dun total de 15-20 lecturas referentes a temas de antropoloxía da discapacidade e dependencia.

No caso dos alumnos semipresenciais, a lectura de texto sobre saúde, discapacidade ou dependencia, entregarase por escrito para a súa avaliación en forma de documento dixital con resumo e valoración do artigo que lle sexa asignado persoalmente, dun máximo de 8 páxinas de extensión, e que ademais inclúa os mapas conceptuais que reflictan o tratamento teórico-argumental e etnográfico do contido.

En situación de continxencia, as 'Lecturas' serán resumidas, valoradas e dotadas de mapas conceptuais, realizándoas por escrito en formato dixital, e entregadas vía Moodle ou correo electrónico na semana e día do cuadrimestre que cada alumno tivese asignada a súa presentación en clase (distribución que se realiza ao comezo do curso)
Recensión bilbiográfica Realización de breves comentarios críticos sobre as seguintes lecturas:
1ª Langdon & Wiik (2010) "Antropoloxía, saúde e enfermidade: unha introdución ao concepto de cultura aplicado ás ciencias da saúde". Enfermagem, 18
2ª Guerreiro, Joaquín (2011) "Humanizando a discapacidade. Da etnografía ao compromiso na investigación sociocultural dela discapacidade intelectual". Revista de Antropoloxía Experimental, 11
3º Velarde, Valentina (2012) "Os modelos da discapacidade: un percorrido histórico" Revista Empresa e Humanismo, 1
O tres textos para a elaboración das recensións proporcionaranse en formato dixital e enviados á totalidade do alumnado (presencial e semipresencial) a través do foro de Moodle, de forma que cada alumno entregue unha recensión sobre cada texto a principios de cada mes, enviándoa en formato Word ou PDF a través do mesma canle (foro de Moodle).

O mesmo procedemento seguirase en caso de entrar en condicións de continxencia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes