Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade
   Atención personalizada
Metodoloxías
Recensión bilbiográfica
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Lecturas
Descrición
A atención personalizada consistirá na orientación e seguimento, mediante tutorización, tanto da elaboración do traballo tutelado de curso, como da preparación das lecturas a expor, da preparación da recensión bibliográfica e -para os alumnos semipresenciais- na orientación sobre dúbidas e dificultades suscitadas na preparación da materia para a proba obxectiva.
Para a atención personalizada empregarase o correo electrónico (os luns e mércores pola mañá), así como o foro de Moodle (todas as semanas lectivas do curso), especialmente no caso do alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, para o que se dedicarán reunións presenciais convocadas en dous momentos do cuadrimestre.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá desenvolver as metodoloxías previstas para os restantes alumnos, entregando os traballos indicados (traballo tutelado, lecturas e recensión bibliográfica). Pero estará exento da asistencia ás sesións maxistrais, así como seralle obrigatorio o someterse á proba obxectiva de fin de curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes