Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Antropoloxía da Saúde e a Discapacidade Código 651516004
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Coordinación
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Profesorado
Couceiro Dominguez, Enrique
Correo electrónico
enrique.couceiro.dominguez@udc.es
Web
Descrición xeral Proporcionar ao alumno, mediante un curso introdutorio, coñecementos teórico-metodolóxicos en Antropoloxía da minusvalidez, da dependencia e da saude, para a comprensión e análise empírica cualitativa dos aspectos socioculturais da discapacidade, e da enfermidade e saúde, como experiencias de vida e como fenómenos e condicións cunha esencial dimensión moral e simbólica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Traballo tutelado (computa na avaliación) -Sesión maxistral -Proba obxectiva (computa na avaliación dos alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial) -Discusión dirixida (computa na avaliación) -Recensión bibliográfica (computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican: Non hai metodoloxía que se modifique; pero a competencia A1 pasa a cubrirse tamén mediante a 'sesión maxistral', e a C4 mediante 'Lecturas'. Así mesmo, a 'Atención personalizada' amplíase a todas as metodoloxías, fóra da 'Sesión maxistral'. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: -Correo electrónico: emprego diario, tanto para comunicación co alumnado como -eventualmente, e como segunda opción tras Moodle- para o envío rápido de documentos dixitais cos escritos dos traballos das distintas competencias. -Moodle: con periodicidade dada segundo as necesidades de comunicación entre profesor e alumnos, destinarase a realizar consultas a través do 'foro', e principalmente para servir en arquivos dixitais materiais para as diferentes metodoloxías en 'tarefas', e noticias a través do foro. -Teams: ferramenta reservada para a realización das sesións maxistrais e comentarios asociados, entre profesor e alumnado en situación de non presencialidad forzada por medidas de continxencia. 4. Modificacións na avaliación: Tanto para os alumnos presenciais como para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial mantéñense os respectivos criterios de distribución de porcentaxes correspondentes ás distintas metodoloxías. Especificamente, os presenciais non deberán realizar a proba obxectiva, co que o 20% que computa esta distribúese entre as outras metodoloxías que si contan para avaliación; mentres que os de dedicación a tempo parcial deberán realizar a proba obxectiva e serlles computado o 20% diferenciado. No entanto, en condicións de non presencialidad por plan de continxencia, estimarase o cómputo de asistencia dos alumnos presenciais ata o momento do confinamento, de modo que a proba seguirá sen ser obrigatoria para aqueles que asistisen polo menos a 2/3 das sesións presenciais efectivas ata o devandito momento, e continúen asistindo ás sesións maxistrais virtuais a través de Teams. *Observacións de avaliación: Os requisitos para superar a materia en condicións reguladas polo plan de continxencias, consistirán en: -Entregar os traballos asociados ás distintas metodoloxías (traballo tutelado, lectura e recensión bibliográfica) na forma e prazos indicados. -Os alumnos presenciais, asistir polo menos a 2/3 das sesións maxistrais realmente impartidas, e facer seguimento das eventualmente impartidas por Teams -Para os alumnos con dedicación a tempo parcial, ademais, realizar a proba obxectiva. - Obter en calquera dos casos unha puntuación global -estimada considerando as distintas porcentaxes das diferentes metodoloxías- igual ou superior ao 5 -Os requisitos para a convocatoria de 2ª oportunidade consistirán en entregar e/ou refacer os traballos e/ou probas suspendidos ou non presentados na primeira convocatoria. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións da bibliografía, tendo en conta que todos os materiais en forma de artigos seranlles proporcionados aos alumnos, a diario, vía Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes