Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Enfoque Multidisciplinar da Dor: Neurobioloxía, Dor e Discapacidade, Sistemas de Avaliación, Novos P
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentarase a proposta académica da materia, recomendacións, a súa metodoloxía de avaliación e todos aqueles aspectos fundamentais para o desenvolvemento da mesma. Explícase como e para que se usará o Campus Virtual e as ferramentas de Microsoft 365 nesta materia. Darase ó alumnado a posibilidade de enviar á coordinadora os intereses e motivacións relacionados coa materia co obxectivo de facilitar o proceso de aprendizaxe.
Sesión maxistral As sesións maxistrais correspóndense a dúas modalidades de clases: (i) ás clases teóricas presenciais impartidas na aula; (ii) ás clases asíncronas que se entregarán ao alumnado en diversos formatos (videolecciones, apuntamentos en formato pdf, etc.) e que se colgarán en Moodle. Estarán destinadas fundamentalmente para os obxectivos de coñecementos ou de saber.
Estudo de casos Os/as alumnos/as traballarán sobre casos clínicos (reais ou supostos) caracterizados pola presenza de dor crónica, co obxectivo de propor cuestións que contribúan a identificar o substrato/s etiopatogénicos, de estudar as súas características e relacionalas coas síndromes dolorosas estudados na materia, propor alternativas de exploración, avaliación e/ou enfoques terapéuticos de forma razoada.
Análise de fontes documentais Constará de dous partes:
(i) Procura e análise de documentos multimedia (blogues, vídeos, páxina web, contas de Twitter, podcast, etc.) relevantes e relacionados coa temática da materia. En grupos de 2-3 alumnos/as analizarán e realizarán o seguimento dun recurso, e explicarán porqué a súa elección e porqué a recomendación da súa lectura, visionado ou escoita.

(ii) A partir dun artigo relacionado coa temática da materia, cada estudante analizará as características deste, as características métricas da revista de publicación e presentarase un resumo-análise dos diferentes apartados do artigo. Engadirase ademais unha procura de 2 artigos publicados nos 5 últimos anos relacionados coa temática de tal artigo e un resumo xeral de cada un deles.
Discusión dirixida A través desta técnica de dinámica de grupos os/as alumnos/as discutirán de forma libre sobre un tema previamente seleccionado polo profesorado. O alumnado estará coordinado por un/a moderador/a.
Proba de resposta múltiple O exame constará de 30 preguntas tipo test, de resposta simple, onde cada 2 respostas incorrectas restarán unha ben contestada. O exame terá un valor do 40% da nota total da materia.
Requírese alcanzar un mínimo de 4 puntos sobre 10 para aplicar todas as porcentaxes asignadas a cada metodoloxía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes