Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Enfoque Multidisciplinar da Dor: Neurobioloxía, Dor e Discapacidade, Sistemas de Avaliación, Novos P
   Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Proba de resposta múltiple
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Descrición
A atención personalizada realizarase preferentemente a través da plataforma Microsoft Teams. Campus Virtual e do correo electrónico; e poderá aplicarse a través de diferentes modalidades e contextos:

- A través de tutorías, especificamente solicitadas polo/o alumno/a ou subgrupo de alumnos/as, para resolver cuestións relativas a calquera dos aspectos incluídos na guía docente ou sobre os contidos da materia. Farase preferiblemente a través da ferramenta Teams.

- Durante a realización das prácticas de laboratorio, o/a alumno/a recibirá un feedback da execución de tales prácticas, e poderá resolver todas as dúbidas relativas ás mesmas.

- Durante a realización dos talleres a profesora guiará ao alumno/a no proceso de razoamento clínico para levar a cabo a exploración subxectiva dun caso.

- Durante a realización do estudo de casos, os subgrupos contan co seguimento por parte da profesora a través da revisión continuada da progresión da tarefa.

- A través do Campus Virtual, crearase un foro de dúbidas para cada tema onde o alumnado pode lanzar as súas preguntas e/ou establecer debate entre profesora/alumnado ou entre o alumnado.

*Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, cada estudante debe contactar coa coordinadora da materia ao comezo do curso para establecer a modalidade de atención personalizada preferente; e fixar ao comezo de curso as posibles adaptacións das tarefas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes