Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Xestión de Recursos Sociosanitarios en Discapacidade e na Dependencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A14 A15 B2 B7 B8 B9 B2 C1 O estudante deberá elaborar e entregar en tempo e forma os traballos solicitados polo profesor, que poderán ser de elaboración individual ou grupal. 40
Estudo de casos A5 A14 A15 B1 B2 B8 B5 O estudante deberá participar no estudo e resolución dos casos, entregando un informe do mesmo na forma e data indicada polo profesor. 10
Proba mixta A5 A14 A15 B2 C2 Consiste na realización dunha proba que combinará diferentes modalidades de preguntas, dende preguntas abertas de resposta breve a preguntas de resposta múltiple.
30
Recensión bilbiográfica A14 B1 B7 C1 O estudante deberá entregar en tempo e forma resumos, esquemas ou recensións das lecturas facilitadas polo profesor 20
 
Observacións avaliación

O estudantado a tempo completo e a tempo parcial, será avaliado do mesmo xeito tanto na 1ª como na 2ª oportunidade. Por iso mantéñense as mesmas condicións descritas no apartado de avaliación. Haberá unha proba de avaliación continuada con unha asignación do 50% da nota da materia. 

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de asistencia, realizarán as mesmas actividades
formativas que o resto, isto é: estudo dos contidos curriculares,
realización de estudo de casos, recensións  bibliográficas e traballos tutelados.

 

A realización de plaxio nas actividades de calquera modalidade de avaliación supoñerá a cualificación de suspenso cunha nota de cero puntos, e a invalidación e perda de calquera cualificación previa, de valor igual ou superior ao aprobado obtida na materia, que puidesen computar na convocatoria extraordinaria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes