Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Intervención na Demencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A18 A24 B10 C6 C7 Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. 5
Seminario A18 A19 A24 A25 B2 B7 B9 B10 C6 Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario. 5
Recensión bilbiográfica A18 B10 C6 C7 Proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración súa en relación coa literatura existente sobre o tema 5
Estudo de casos A25 B2 B7 B9 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 15
Proba mixta A19 A25 B2 B7 B9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxetivas. 70
 
Observacións avaliación

O
alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo parcial, teña
solicitado no Decanato a dispensa académica mantense o mesmo criterio que
para os estudantes que estean a tempo completo.

a. 
Para a primeira oportunidade con respeito os criterios e actividades de
avaliación para este alumnado, teranse en conta a distribución das
cualificacións para cada unha das metodoloxías reseñadas anteriormente, cunha
porcentaxe dun 20% de dispensa da asistencia.

b. 
Para a segunda oportunidade os criterios de avaliación para este alumnado centraranse únicamente  nos resultados da proba mixta (obxectiva e
preguntas cortas. Puntuación sobre 10), coas excepcións aprobadas polos docentes  da
asignatura.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes