Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
 Asignaturas
  Traballo Fin de Mestrado
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 651516015
Titulación
Mestrado Universitario en Discapacidade e Dependencia (plan 2015)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Dereito Privado
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Psicoloxía
Coordinación
Vivas Costa, Jamile
Correo electrónico
j.vivas@udc.es
Profesorado
Fernandez Cervantes, Ramon
Fernández Fernández, María Pilar
Gomez Taibo, Maria Luisa
González Fernández, María Dolores
Lista Paz, Ana
López Larrosa, Silvia
Martinez Rodriguez, Alicia
Pereira Saez, Maria Carolina
Piñeiro Aguin, Isabel
Rodriguez Romero, Beatriz
Souto Camba, Sonia
Viñas Diz, Susana
Vivas Costa, Jamile
Correo electrónico
ramon.fcervantes@udc.es
pilar.fernandez1@udc.es
luisa.gomez.taibo@udc.es
m.d.gonzalez@udc.es
ana.lista@udc.es
silvia.lopez.larrosa@udc.es
alicia.martinez@udc.es
c.pereira.saez@udc.es
isabel.pineiro.aguin@udc.es
beatriz.romero@udc.es
sonia.souto@udc.es
susana.vinas.diz@udc.es
j.vivas@udc.es
Web http://http://www.ffisacademica.udc.gal/p/traballo-fin-de-mestrado.html
Descrición xeral O Traballo de Fin de Máster debe constituír necesariamente un traballo orixinal, autónomo e individual de cada estudante. Realizarase baixo a supervisión dun director/a que orientará e asistirá ao estudante na realización deste. O estudante e o seu director acordarán a temporalización das tarefas a realizar, así como a temática concreta sobre a que se centrará o traballo, sempre relacionada co ámbito da minusvalidez e dependencia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non haberá cambios nos contidos da materia. Con todo, segundo as necesidades que cada tipo de traballo impoña pódense flexibilizar os contidos relacionados ao mesmo. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Mantéñense todas as metodoloxías expostas orixinalmente na guía docente: - Investigación (Proxecto de investigación) - Presentación oral - Análise de fontes documentais - Traballos tutelados *Metodoloxías docentes que se modifican Non se realizarán cambios nas metodoloxías. Con todo, segundo a modalidade do traballo exposto, cando este conleve a necesidade de atención/intervención presencial, como poden ser os traballos de investigación e os programas de intervención, por exemplo, poderanse adaptar a formulación e os procedementos utilizados no traballo para que sexa viable a súa realización de forma non presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Realizarase a través das ferramentas multimedia e/ou plataformas virtuais dispoñibles na UDC: - Correo electrónico: Diariamente segundo a demanda do alumnado ou necesidade do docente. Utilizada para aclarar dúbidas, solicitar titorías e realizar o seguimento do traballo. - Plataforma virtual: Diariamente. Utilizada para informacións/aclaracións sobre os aspectos organizativos dos TFM. Utilizaranse os diferentes recursos da plataforma (tarefas, ficheiros, foro). - Ferramenta Teams: Segundo a demanda do alumnado e os cronogramas de desenvolvemento dos TFMs de cada profesor/director. Utilizada para titorías virtuais individuais ou grupais. - OneDrive: Segundo a planificación de cada director e/ou demanda do alumnado. Utilizarase para aclarar dúbidas, realizar o seguimento dos traballos de forma colaborativo do traballo. 4. Modificacións na avaliación Non haberá cambios no peso das cualificacións de cada unha das metodoloxías avaliadas. As metodoloxías e criterios de avaliación manteranse os mesmos para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia. *Observacións de avaliación: No caso de que se aplique o plan de continxencia, os traballos tutelados e a presentación oral, que serán levados a cabo de forma exclusivamente non presencial a través das ferramentas informáticas dispoñibles na UDC (ferramenta Microsoft Teams, One drive e Plataforma virtual). A distribución das porcentaxes na cualificación dos traballos será: - Defensa pública (3 puntos) - Aspectos formais (3 puntos) - Contidos (3 puntos) - Informe director (1 punto) A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente. Así mesmo, teranse en conta os aspectos recolleitos no apartado 7. Defensa do TFG e TFM do documento “Medidas para a Finalización do curso académico 2019_2020 #ante a situación excepcional provocada pola Covid-19”. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes