O Traballo de Fin de Máster debe constituír necesariamente un traballo orixinal, autónomo e individual de cada estudante.
Realizarase baixo a supervisión dun director/a que orientará e asistirá ao estudante na realización deste. O estudante e o seu director acordarán a temporalización das tarefas a realizar, así como a temática concreta sobre a que se centrará o traballo, sempre relacionada co ámbito da minusvalidez e dependencia.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non haberá cambios nos contidos da materia. Con todo, segundo as necesidades que cada tipo de traballo impoña pódense flexibilizar os contidos relacionados ao mesmo.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense todas as metodoloxías expostas orixinalmente na guía docente:
- Investigación (Proxecto de investigación)
- Presentación oral
- Análise de fontes documentais
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se realizarán cambios nas metodoloxías. Con todo, segundo a modalidade do traballo exposto, cando este conleve a necesidade de atención/intervención presencial, como poden ser os traballos de investigación e os programas de intervención, por exemplo, poderanse adaptar a formulación e os procedementos utilizados no traballo para que sexa viable a súa realización de forma non presencial.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizarase a través das ferramentas multimedia e/ou plataformas virtuais dispoñibles na UDC:
- Correo electrónico: Diariamente segundo a demanda do alumnado ou necesidade do docente. Utilizada para aclarar dúbidas, solicitar titorías e realizar o seguimento do traballo.
- Plataforma virtual: Diariamente. Utilizada para informacións/aclaracións sobre os aspectos organizativos dos TFM. Utilizaranse os diferentes recursos da plataforma (tarefas, ficheiros, foro).
- Ferramenta Teams: Segundo a demanda do alumnado e os cronogramas de desenvolvemento dos TFMs de cada profesor/director. Utilizada para titorías virtuais individuais ou grupais.
- OneDrive: Segundo a planificación de cada director e/ou demanda do alumnado. Utilizarase para aclarar dúbidas, realizar o seguimento dos traballos de forma colaborativo do traballo.
4. Modificacións na avaliación
Non haberá cambios no peso das cualificacións de cada unha das metodoloxías avaliadas. As metodoloxías e criterios de avaliación manteranse os mesmos para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
*Observacións de avaliación:
No caso de que se aplique o plan de continxencia, os traballos tutelados e a presentación oral, que serán levados a cabo de forma exclusivamente non presencial a través das ferramentas informáticas dispoñibles na UDC (ferramenta Microsoft Teams, One drive e Plataforma virtual).
A distribución das porcentaxes na cualificación dos traballos será:
- Defensa pública (3 puntos)
- Aspectos formais (3 puntos)
- Contidos (3 puntos)
- Informe director (1 punto)
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente.
Así mesmo, teranse en conta os aspectos recolleitos no apartado 7. Defensa do TFG e TFM do documento “Medidas para a Finalización do curso académico 2019_2020 #ante a situación excepcional provocada pola Covid-19”.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías