Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  ANATOMÍA II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A17 A19 B1 B4 B5 C1 C8 C9 Avaliación continua. Valorarase a actitude, a participación, o interese pola aprendizaxe e a capacidade para solucionar problemas plantexados polo profesorado. 10
Proba obxectiva A1 Proba escrita (ou proba oral, no caso de que o/a estudante conte cunha adaptación curricular concedida pola Unidade de Atención á Diversidade da UDC na que se recolla a dificultade para a realización de exames escritos).




80
Proba de resposta múltiple A1 Avaliación continua. Exames tipo test ou de preguntas curtas sobre unha unidade temática para determinar o nivel de comprensión e coñecemento da parte da materia examinada. 10
 
Observacións avaliación

Os créditos da materia Anatomía II, de 6 ECTS, distribúense en tres partes:

  • Sistema cardiocirculatorio, estesioloxía e esplacnoloxía: 2 ECTS.
  • Membro superior: 2 ECTS.
  • Membro inferior: 2 ECTS.

Cada
unha destas tres partes contribuirá de forma equitativa na nota final
da materia (é dicir, cada parte representa 1/3 da nota final da
materia).

Avaliación continua. Supón 2 puntos sobre 10. Realizarase mediante as seguintes accións:

  • Valoración da participación do alumnado na clase.
  • Exames controis en datas programadas.
  • Probas obxectivas con plataforma de formación.

Proba obxectiva. Representa 8 puntos sobre 10. Proba escrita, constituída por preguntas curtas e tipo test.

O alumnado terá a materia aprobada cando a suma da avaliación continua e da proba obxectiva sexa igual ou superior a 5,0 sobre 10 puntos.

Con carácter xeral, deberase obter na proba obxectiva de cada unha das tres partes da materia cando menos o 35% da nota (3,5 sobre 10 puntos).

ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL

Nas accións de avaliación continua deste alumnado terase en conta:

  • Valoración da participación do alumnado na clase: Poderase substituír
    pola realización dun traballo sobre un aspecto do temario da materia.
  • Exames controis en datas programadas e probas obxectivas con plataforma
    de formación: procuraranse de común acordo datas alternativas para
    realizar estas probas.


ALUMNADO QUE CONTE CUNHA ADAPTACIÓN CURRICULAR CONCEDIDA POLA UNIDADE DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE DA UDC

Cando
esta adaptación recolla a dificultade para a realización de probas
escritas, estas serán substituídas por probas orais.

Así mesmo,
seguirase cada unha da recomendacións da citada unidade para a
avaliación deste alumnado.

PLAXIO

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte:

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes