Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOLOXÍA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A clase magistral é tamén coñecida como conferencia, método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.

Para as competencias específicas do título referenciadas nesta asignatura.
Prácticas de laboratorio Metodoloxía que permite que os estudantes aprendan efectivamente a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como demostracións, exercicios, experimentos e investigacións.

Para adquirir as competencias específicas do título referenciadas nesta asignatura.

Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.

Para adquirir as competencias xenéricas do título referenciadas nesta asignatura.
Proba mixta Proba para valorar os contidos teóricos a través de probas de ensaio (preguntas abertas de desenvolvemento) e probas obxectivas (preguntas de resposta múltiple, breve, de completar, ordenación, asociación e/ou discriminación). Segundo a natureza dos contidos poden aplicarse probas de ensaio ou probas obxectivas, illadamente.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimiento desa aprendizaxe polo profesor-titor.

Para adquirir as competencias genéricas, fundamentalmente, e específicas do título referenciadas nesta asignatura.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes