Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOLOXÍA
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A9 B3 C3 C8 Asistencia obrigatoria.
Participación activa nas prácticas, caderno de prácticas e/ou proba mixta (15% da nota total)


15
Traballos tutelados A1 C3 C8 C9 Traballos escritos realizados polo alumno a partir dun tema recomendado polo profesor ou presentación de artigos científicos de forma individual ou en grupo. 10
Proba mixta A1 A9 B1 Exame escrito para valorar os contidos teóricos que consistirá en probas tipo ensaio e/ou obxectivas 75
 
Observacións avaliación

Sistemasde avaliación primeira e segunda oportunidade: exame escrito da materia (75% da nota final).Traballos/presentacións (10%). Prácticas (15%). Sistemas decualificación: numérico desde o 0 ao 10, sendo 10 a máxima cualificación e 5 oaprobado. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificaciónnumérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 desetembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo decréditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias decarácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema decualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente9-10. Matrícula de Honra (Graciable).

Oportunidadeadiantada: proba mixta que abordará todo o temario da materia.

Nonpresentado: considerarase "non presentado" a calquera alumna oualumno que non se presente a algunha das probas mixtas.

En caso de facerse examesindividualizados para cada cuadrimestre, deberase obter unha nota mínima de 3.5puntos sobre un máximo de 10 en cada parte para que se poida facer a media deambos os cuadrimestres. No caso de non obterse un 3.5 nalgún dos exames amateria estará suspensa. Se se suspende a materia, aínda tendo nalgún cuadrimestre5 ou máis puntos, os estudantes deberán examinarse da materia completa nasseguintes oportunidades.

Aproba mixta pode estar composta por calquera das seguintes modalidades e/ouunha combinación de varias: preguntas de ensaio (preguntas abertas dedesenvolvemento), preguntas test de resposta múltiple (podendo ser verdadeiras unhaou varias das respostas), preguntas de ordenación, preguntas de resposta breve,preguntas de discriminación, preguntas de completar, preguntas de asociación.

Enténdese que o alumnado universitarioten que ter asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral eescrita. Polo tanto, será primordial e levarase a cabo obrigatoriamente acorrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación),gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condiciónimprescindible para superar a materia.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unhavez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso naconvocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso”(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se acomisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Paraisto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeiraoportunidade, se fose necesario .

Matrículaa tempo parcial: Recoméndase ao alumnado nesta situación contactar o máisrapidamente posible co profesorado de cara a estudar de maneira individualizadacada caso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes