Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  BIOFÍSICA E BIOQUÍMICA
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da asignatura por parte dos profesores responsables indicando o programa da materia e as pautas para a sua avaliación.
Sesión maxistral Explicación pormenorizada dos distintos temas e subtemas teóricos da materia.
Solución de problemas Resolución de problemas por parte do alumnado co auxilio do profesor. Parte dos mesmos os realizan de forma autónoma, induvidualmente ou en parella.
Prácticas de laboratorio Faranse prácticas de laboratorio reais coa participación activa do alumnado dentro das posibilidades que nos brinda a Facultade. Inclúese a toma de datos e o seu tratamento, así como a entrega dos resultados.
Prácticas a través de TIC Faranse prácticas virtuais a través de páxinas web adecuadas. O alumnado terá que supoñer casos, tomar datos e tratalos.
Proba obxectiva Exame dos contidos teóricos e prácticos da materia, con especial atención á resolución de problemas.
Proba práctica Realización dunha proba basada nos coñecimentos e destrezas adquiridos no laboratorio
Aprendizaxe colaborativa Realización de traballos na clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes