Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA XERAL
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Efectuarase a exposición oral do temario da materia de forma ordenada, complementándose a mesma co uso de medios audiovisuais e coa introdución de preguntas dirixidas ao estudantado. Os contidos abordados nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión.
No entanto, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a atención, a revisión das notas de aula do alumnado. a puntualidade, a actitude, e a participación razoada.
Prácticas de laboratorio Asistencia, execución e análise das prácticas programadas. Estas actividades mostrarán ao alumnado as distintas modalidades e métodos de cinesiterapia, levándose a cabo a posta en práctica de distintas técnicas manuais e instrumentais, que posteriormente empregará como ferramentas terapéuticas no ámbito clínico. As técnicas irán acompañadas de contidos específicos teórico/prácticos que permitirán ao alumnado o desenvolvemento do razoamento clínico necesario para a toma de decisión e selección da ferramenta terapéutica a utilizar en cada caso.
Proba obxectiva Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de resposta longa, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Proba práctica Proba na que se busca que o alumnado desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente teña feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema/caso que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes