Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  CINESITERAPIA XERAL
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A3 A7 B1 B2 B3 B4 B5 C4 Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión. Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a atención, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada, xunto coas notas de aula tomadas polo alumnado. O uso do teléfono móbil ou aparellos electrónicos cunha fin non educativa penalizarase especialmente neste punto.

Cada semana, ao finalizar a aula teórica, a profesora solicitará a entrega das notas manuscritas tomadas durante a aula (apuntamentos) a diferentes persoas de maneira aleatoria, coa fin de revisar o nivel de comprensión das explicacións realizadas, e os aportes propios do alumnado.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada. Nestas titorías deberá presentar a evolución dos seus apuntamentos manuscritos (o material de estudo), xunto coas lecturas realizadas para completar os mesmos. Este material será analizado xunto coa profesora.
10
Proba práctica A2 A3 C1 Proba na que se busca que o alumno desenvolva total ou parcialmente algunha práctica que previamente tivese feito durante as clases prácticas. A proba práctica pode incluír previamente a resolución dunha pregunta/problema que teña como resultado a aplicación práctica dunha determinada técnica ou práctica aprendida. 30
Proba obxectiva A2 A3 B1 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C9 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de resposta longa, de discriminación, de completar, de caso clínico e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas.
60
 
Observacións avaliación

A ponderación da materia será dun 70% da parte teórica e  dun 30% a parte práctica. É imprescindible acadar un aprobado en ambas partes para proceder á ponderación das notas. Se so se supera unha parte (proba obxectiva ou proba práctica), esta parte superada na primeira oportunidade gardarase ata a oportunidade de xullo sempre e cando a parte suspensa acade un 4. Se a nota da parte suspensa é inferior a 4, o alumnado terá que repetir as 2 partes (teoría e práctica) en xullo.

1. Para aprobar a parte teórica haberá que superar a nota de 5 en cada unha das partes nas que se divida a proba obxectiva: test, preguntas breves/casos breves e pregunta longa. A porcentaxe de cada parte na nota global da parte teórica será de: test 20%, resposta breve/caso breve 40%, longa 40%. Cada parte é eliminatoria, polo que se non se supera unha non se corrixirá o resto das partes do exame (a orde de eliminación será 1º test, 2º breves, 3º longa).

1.1 Se na parte de pregunta breve/caso breve houber 1/3 de preguntas respostadas en branco e/ou cunha nota inferior a 4, esa parte considerarase non apta e suspensa. 

2. Para aprobar a parte práctica haberá que acadar un 5 en cada unha das preguntas da proba práctica.

3. A nota da avaliación continuada soamente se contabilizará e sumará a total cando tanto a proba obxectiva como a proba práctica estean aprobadas.

4. Farase un seguimento da asistencia e participación activa por parte do estudantado ás prácticas de laboratorio.

5. Os contidos abordados tanto nas prácticas como nas sesións maxistrais serán obxecto de avaliación mediante probas de comprensión e/ou breves estudos de caso para a avaliación continuada. A resolución destes casos deberá quedar documentada nas notas manuscritas do alumnado. Cada semana, ao finalizar a aula teórica, a profesora solicitará a entrega das notas manuscritas (non se aceptarán notas impresas) tomadas durante a aula (apuntamentos) a diferentes persoas de maneira aleatoria, coa fin de revisar o nivel de comprensión das explicacións realizadas e poder realizar os axustes convintes, valorar os aportes propios do alumnado e a resolución dos casos.

O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con dispensa académica debe contactar coa responsable da materia ao inicio de curso para acordar as datas da titoría inicial e 2 titorías mínimas posteriores obrigatorias para poder optar a puntuación da valoración continuada. Nestas titorías deberá presentar a evolución dos seus apuntamentos manuscritos, xunto coas lecturas realizadas para completar os mesmos. Este material será analizado xunto coa profesora.

Calquera persoa con algún tipo de problema de saúde física ou mental xustificado terá que contactar coa responsable da materia ao inicio do curso para poder valorar as adaptacións necesarias.

CASOS NOS QUE NON SE APLICA A MEDIA PONDERADA:

- Estudantado cunha parte (proba obxectiva ou proba práctica) aprobada e a outra parte suspensa. A nota da asignatura no expediente será a da parte suspensa.

- Proba obxectiva (parte teórica): Cando se acade unha nota menor a 5 ou un non apto en calquera das partes da proba obxectiva. A nota que se asignará ao global da proba obxectiva será 4.

- Proba práctica (parte práctica): Cando non se acade un 5 en calquera das preguntas da proba práctica. A nota que se asignará ao global da proba práctica será 4.

Con todo, dentro da avaliación continuada da materia, valorarase tamén a asistencia, a puntualidade, a actitude, e a participación razoada, documentada nos apuntamentos manuscritos da aula. O uso do teléfono móbil ou aparellos electrónicos cunha fin non educativa penalizarase especialmente neste punto.

A porcentaxe da parte teórica e da parte práctica en conxunto nunca será inferior a un 70% e a porcentaxe da parte de avaliación continua nunca será superior a un 30%.

No caso de detectarse intento de fraude, copia ou
plaxio en calquera das modalidades de avaliación, a persoa ou persoas involucradas terán a cualificación de suspenso na
convocatoria na que se cometa a falta e respecto da
materia en que se cometera: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. Aplicarase o mesmo no caso de calquera falta de respecto á dignidade de calquera das persoas da aula.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do PlanGreen Campus da Facultade de Fisioterapia, os traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel, seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais:

- Non se utilizarán plásticos. 

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes